A Xunta habilitará un teléfono de información e asesoramento legal para afectados por casos de ocupación de vivendas
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/telefono-mobil-mans.jpg)
Neste sentido, indicou que a Xunta, e concretamente o seu departamento, leva meses reclamando do Estado unha intervención decidida ao respecto, tendo en conta que é o Goberno central a administración competente para poder impulsar as reformas e novidades lexislativas necesarias para endurecer as penas e axilizar os procedementos de desaloxo.
De feito, lembrou que a mediados de setembro dirixiuse por carta ao delegado do Goberno en Galicia para pedirlle unha reunión na que abordar conxuntamente o problema das ocupacións ilegais, un encontro xa confirmado pola súa parte pero pendente aínda de data.
En todo caso, e tras insistir en que as competencias autonómicas nesta materia “son moi limitadas”, a conselleira avanzou que a Xunta traballa na actualidade co fin de impulsar dúas medidas que poderían contribuír e resultar de utilidade de cara á resolución do problema.
Así, ademais da posta en marcha dun teléfono de información xurídica ao cidadán, Vázquez Mejuto anunciou que hoxe tamén propoñerá ante o Observatorio a realización dun Mapa de vivendas ocupadas en Galicia, un traballo que será elaborado en colaboración cos Axentes da Propiedade inmobiliaria e Administradores de Fincas xa que, asegurou, eles teñen “datos reais e de primeira man” sobre estes supostos.
O obxectivo do futuro mapa será obter datos reais sobre o problema da ocupación na Comunidade galega, para o cal tamén se completará a información achegada polos axentes e administradores –un colectivo profesional que, precisamente, se incorporaba hoxe ao pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia como novo membro- con datos procedentes do Ministerio do Interior e proporcionados pola Delegación do Goberno.
R.