Galicia demanda ao Goberno central presenza directa na negociación sobre o reparto de cotas pesqueiras en augas británicas
Alfonso Rueda expuxo que o sector pesqueiro é o máis afectado na comunidade galega tras as negociacións sobre o Brexit e defendeu a necesidade de definir un marco de traballo constante e intenso co que defender os intereses das 1.700 persoas que faenan nos 150 buques galegos en augas británicas e do conxunto dos pescadores españois.
O Goberno galego lamenta que se empregue o sector da pesca como moeda de cambio para acadar un Acordo xeral que regule a relación comercial entre a Unión Europea e Reino Unido. Deste xeito, mentres que os produtos derivados da pesca británicos poderán entrar na UE sen aranceis, Galicia verá limitada a súa capacidade de pesca despois de que se acordase ceder o 25% do valor das capturas europeas ao Reino Unido ata 2026.
O vicepresidente da Xunta incidiu en que este acordo supón unha nova redución da actividade da frota galega en augas do Gran Sol, ao igual que se producira en 1986 coa adhesión de España á Comunidade Económica Europea, cando Galicia tivo que sacrificar o 70% da frota pesqueira que tiña nestes caladoiros. Ademais, advertiu de que a esta situación súmaselle a incerteza do que ocorrerá a partir de 2026 cando haxa que renegociar as cotas pesqueiras e a UE xa non terá unha posición de forza para negociar debido á entrega do acceso ao mercado europeo dos produtos mariños británicos.
Por outra parte, a Administración autonómica lamenta que Galicia aínda non recibise información de xeito oficial sobre o acordo por parte do Estado, tanto no sector da pesca no que se refire ao impacto do acordo sobre as distintas especies afectadas, como as contías da axuda da Reserva de Axuste ao Brexit coas que compensar aos sectores máis afectados.
A Xunta vén solicitando que se beneficie con este fondo ás rexións prexudicadas pola concentración de máis buques nas súas zonas de traballo, debido ao abandono de augas británicas, como é o caso de Galicia, e se inclúa este criterio, así como a influencia económica e non só a proximidade xeográfica co Reino Unido.

R.