As pemes e microempresas galegas contarán con 4,3 millóns de euros para innovación
InnovaPeme
Neste mes de abril publicouse a convocatoria da quinta edición do programa InnovaPeme, unha liña de axudas por valor de 2,8 millóns de euros destinada a pemes e microempresas galegas sen experiencia en innovación. A idea é mellorar as capacidades e actuacións en plans de innovación, mediante varias liñas de traballo:
- Proxectos innovadores en procesos e organización.
- Identificación de tecnoloxías clave para o negocio.
- Mellora da comercialización de produtos e servizos.
- Captación de financiamento.
- Protección industrial de resultados.
Vanse conceder axudas de entre 40.000 e 100.000 euros a unhas 40 empresas galegas, que accederán a esta convocatoria por concorrencia competitiva, 40 novas empresas innovadoras que aumentarán o gasto en I+D vencellado á innovación e mellorarán a colaboración do tecido empresarial co resto de axentes do ecosistema.
Desde o ano 2017, InnovaPeme investiu 13,3 millóns de euros (cunha mobilización de 26,6) para apoiar a 160 pemes, favorecendo o mantemento de 767 postos de traballo no sector das TIC, en enxeñaría ou no sector agroalimentario.
DeseñaPeme
Neste mesmo mes de abril púxose en marcha tamén a segunda edición do programa DeseñaPeme, orientado a impulsar o deseño como valor estratéxico, e así maximizar a capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas galegas.
Conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros en concorrencia competitiva para 50 proxectos que percibirán entre 5.000 e 100.00 euros. Ditos proxectos centraranse en mellorar a posición das empresas a través do deseño sustentable de produtos, servizos e experiencias, ou de traballar a súa marca e identidade corporativa.
O programa DeseñaPeme apoiou o ano pasado 25 proxectos cun investimento de 1,5 millóns de euros, que mobilizaron 2,95 millóns e favoreceron a formalización de 86 contratos.
Apoios para o impulso innovador nas pemes
InnovaPeme e DeseñaPeme son dúas das accións que a Xunta de Galicia pon en marcha para apoiar o impulso innovador das pemes, pero cabe destacar outras iniciativas como os préstamos IFI Innova (aberto o prazo cun orzamento de 2,5M€), o programa ReAcciona, os bonos de innovación, ou a aceleradora Galicia Avanza, que promove a comercialización e internacionalización de produtos e servizos innovadores.

R.