Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

O deseño da Axenda de Capacidades entra na fase final tras a celebración das mesas sectoriais que definirán a formación que precisa o mercado laboral galego

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou hoxe a mesa sectorial sobre turismo, hostalaría e comercio -reunida no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago-, unha das nove que están a axudar a definir as necesidades formativas do mercado laboral galego e a configurar a Axenda Galega de Capacidades, que situará á comunidade á vangarda europea da formación para o emprego.

A Xunta completou hoxe as xuntanzas presenciais das mesas de traballo nas que axentes sociais e representantes das diferentes sectores están a perfilar as necesidades formativas para cada un deles. Tras os encontros, a Axenda de Capacidades entrará nunha nova fase na que se espera completar o seu deseño antes do verán.

As dinámicas de traballo centráronse en sectores estratéxicos e con grandes potencialidades de desenvolvemento, entre outros: a pesca o naval, as enerxías renovables mariñas, o metal ou, como é o caso da xuntanza visitada por Lado, o turismo hostalaría e comercio.

Participaron nestas mesas, asociacións sectoriais e clústeres, sindicatos, asociacións de empresarios, autónomos e empresas de economía social, centros de coñecemento, e a Asociación Galega de Empresas de Formación.

Tras estas dinámicas, a Xunta obterá unha primeira visión da Axenda que permitirá deseñar os contidos e módulos formativos que mellor se axusten ás necesidades do mercado laboral galego.

O obxectivo destes encontros técnicos é conseguir afondar nas necesidades de capacitación existentes e contrastar a súa cobertura dentro das capacidades formativas do sistema de formación para o emprego actual. Este traballo constitúe un paso previo para que cada sector comece a elaborar as súas conclusións e as poida incorporar á Axenda.

A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego constitúe un gran pacto social que permitirá adaptar a capacitación profesional da forza laboral galega ás necesidades do mercado de traballo. Este instrumento, da man do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes que vén de rematar a Consellería de Emprego e Igualdade, está a permitir detectar as carencias formativas de traballadores e traballadoras da comunidade, para avanzar no deseño de actuacións con maior encaixe no actual contexto.

Con este instrumento, o Goberno galego pretende cimentar un mercado laboral forte e competitivo, no que todas as persoas teñan cabida e que dea as empresas un futuro prometedor e próspero. Para iso é preciso que Administración, tecido empresarial e asociativo e o ámbito formativo traballen xuntos en iniciativas como a Axenda Galega de Capacidades; unha medida pioneira que situará a Galicia á vangarda de España e permita adaptar as directrices europeas de capacitación á realidade galega económica e social.
R.

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información