Galicia é a terceira Comunidade Autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/economia-porcentaje.jpg)
A ratio débeda/PIB subiu en Galicia en 0,4 puntos de marzo a xuño, do 17,4% ao 17,7% debido a un adianto no programa de endebedamento da Xunta no segundo trimestre ante as expectativas dun endurecemento das condicións de financiamento para final de ano. O proceso de normalización das políticas monetarias, como consecuencia da intensificación e persistencia de elevadas taxas de inflación, está a encarecer o custo das novas emisións de débeda.
Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos.
R.