Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

Rueda resalta a xestión de Galicia dos fondos europeos e insta ao Goberno central a axilizar o reparto

En concreto, referiuse a que, neste intre, a candidatura de Galicia conta con máis dunha trintena de proxectos industriais “moi importantes” que están xa en tramitación e que están á espera de certezas no reparto destes fondo.
 
Entre estes proxectos, o mandatario galego referiuse á planta de Altri para fabricar fibras téxtiles en Palas de Rei; á de hidroxeno verde de Reganosa e EDP Renovables; á de metanol verde de Forestal del Atlántico; e á factoría de pneumáticos de Sentury Tires. Con respecto a estas tres últimas, puxo en valor o impulso que todas elas suporían para a comarca de Ferrolterra. A estas iniciativas sumou o proxecto de Showa Denko para fabricar ánodos para baterías na Coruña; a de Kern Pharma en Monforte; e o de Lonza en Salvaterra de Miño, para potenciar o sector biotecnolóxico galego.
 
Lentitude no reparto dos fondos
 
Por tanto, o presidente remarcou que con estes proxectos Galicia “ten cumprido” co que lle solicitou o Goberno central, pero alertou que por parte do Goberno de España -cun sistema de distribución destes fondos “moi centralizado”- están pasando os prazos para a súa xestión de modo “preocupante” e “sen concrecións”.
 
Así , reproboulle ao Goberno de España que non cumprise coas expectativas de Stellantis na primeira resolución do Perte do vehículo eléctrico; que aínda se estean a agardar convocatorias doutros Pertes, en referencia ao do naval; ou que o Executivo central se reserve para si a xestión das axudas directas e que, sen chegar a entregalas aínda, estea pensando en deixar en mans das autonomías a fase de préstamos.
 
Ante o que cualificou de “lentitude” na execución dos fondos por parte do Executivo central, Rueda contrapuxo o que está a facer a Xunta de Galicia. Así, remarcou o feito de que o Goberno autonómico xa ten executada a práctica totalidade dos 940 millóns de euros recibidos, dos 1.300 millóns asignados a Galicia. Ao seu entender, esta xestión da comunidade galega reflicte a dilatada experiencia das comunidades autónomas na xestión dos fondos da Unión Europea, que volveu defender.
 
En todo caso e para concluír a súa intervención, anunciou que o Goberno galego vai continuar moi atento ao percorrido dos fondos europeos, porque advertiu que deles depende o emprego e o futuro industrial. “Ás veces é un pouco descorazonador ver que esta preocupación que temos en Galicia pola xestión dos fondos Next Generatión e pola posibilidade de non poder aproveitar esta oportunidade non é igual en todas partes”, admitiu o presidente da Xunta, quen por este motivo demandou o máximo interese e implicación de todas as administración nesta cuestión
R.

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información