O programa 'Iacobus' recibiu 312 candidaturas para estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A iniciativa, que pechou o prazo de solicitudes o pasado 16 de decembro e conta cun investimento total de 200.000 euros, vai dirixida a persoal investigador pre e posdoutoral, docente (PDI), e de administración e servizos (PAS) das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión.
Por unha parte, IACOBUS Estancias dispón dun orzamento de 150.000 euros, e as axudas están destinadas a proxectos presentados por persoal docente e investigador (PDI); investigadores pre ou post-doctorais con vínculo de investigación e Persoal Administrativo e de Servicios (PAS) das universidades, centros de ensino superior e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. No caso dos centros tecnolóxicos poden presentar candidaturas os investigadores ou xestores de proxectos de I+D+i con, polo menos, cinco anos de experiencia acreditada nestas tarefas e persoal investigador ou de xestión de proxectos I+D+i que no acade estes cinco anos.
Por outra banda, o IACOBUS-Papers ten un orzamento de 50.000 euros para promover axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) ou no SCOPUS. Trátase de dous indicadores de calidade máis coñecidos e máis empregados polos organismos de avaliación da actividade investigadora a escala internacional. Estes artigos teñen que ser desenvolvidos a través da colaboración transfronteiriza conxunta, por autores pertencentes ás institucións de ensino superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -universidades e institutos politécnicos-, que forman parte do programa.
Investigación, formación e divulgación
O programa de cooperación científica, cultural e pedagóxica IACOBUS ten como obxectivo a promoción das sinerxías e o desenvolvemento de actividades de investigación, formativas e de divulgación entre universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Con proxectos de investigación en todas as áreas de coñecemento, ao longo da súa historia suma máis de 2.300 candidaturas e un orzamento de case 1,6M€.
A iniciativa enmárcase nas prioridades do Plan de Investimentos Conxuntos Galicia-Norte de Portugal (PIC 21-27) e nas áreas estratéxicas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Trasnfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3-T). Ademais, conta con apoio e financiamento da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

R.