Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

O Observatorio da Industria Aeroespacial será clave para identificar novas oportunidades para os vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, clausurou hoxe a Asemblea Xeral Extraordinaria do Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG), onde destacou que o Observatorio da Industria Aeroespacial será clave para a evolución do sector e para identificar novas oportunidades no segmento dos sistemas non tripulados. Trátase dun proxecto conxunto da Xunta de Galicia e do CAG para xerar e divulgar coñecemento experto e estudos científicos sobre aeronáutica e aeroespacial, con especial referencia ao segmento dos vehículos non tripulados.

Os primeiros estudos realizados polo Observatorio están a piques de ser publicados e centraranse no financiamento da I+D+i no sector dos vehículos non tripulados, a análise da cadea de valor do sector aeroespacial e a súa integración noutras cadeas de valor nacionais e internacionais, os instrumentos de apoio á internacionalización ou o diagnóstico da creación de empresas aeroespaciais en España e en Galicia. O Observatorio tamén está a traballar no informe de contas anuais do sector.

Na súa intervención, a directora incidiu nas capacidades das empresas e centros de coñecemento do sector e convidou aos socios tecnolóxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia -como Airbus, que estivo presente na asemblea- a incorporar ás súas cadeas de valor todo o potencial que ofrecen as entidades galegas.

Do mesmo xeito, fixo un chamamento ás empresas para que aproveiten os próximos cinco anos da iniciativa para incorporarse ás cadeas de subministración destas multinacionais, poñan en valor o seu traballo e a súa tecnoloxía, e se transformen en colaboradores destas compañías, non só para o ecosistema dos vehículos non tripulados, senón tamén para outros programas, segmentos e actividades.

Novo programa de axudas

Patricia Argerey referiuse á capacidade de atracción de investimentos do Polo Aeroespacial de Galicia e sinalou que un proxecto no que participa a iniciativa da Xunta foi un dos once seleccionados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital na convocatoria do programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (Retech).

Este proxecto para a optimización das cadeas de valor en sectores estratéxicos está orientado a fomentar a aplicación da intelixencia artificial nas industrias. Participan, ademais de Galicia, País Vasco e Madrid.

No marco do financiamento obtido no Retech a Xunta de Galicia lanzará un programa de axudas para o fomento da Compra Privada de Innovación no segmento dos vehículos non tripulados. Con esta novidosa convocatoria apoiaranse aquelas entidades galegas que desenvolven produtos ou servizos, compartindo o risco coa industria compradora.

5G e ciberseguridade

Ademais deste novo programa, a directora lembrou as actuacións en marcha no Polo Aeroespacial de Galicia. Está aberto un proceso de licitación, cun orzamento de 4 M€, para o desenvolvemento dunha infraestrutura 5G e de ciberseguridade que completará os equipamentos do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) e as súas capacidades para a realización de ensaios con sistemas non tripulados.

Tamén están en proceso de desenvolvemento cinco novos proxectos adxudicados recentemente para a creación de novas solucións con vehículos non tripulados aéreos e mariños que se prevé estean incorporadas nos servizos públicos da Xunta nun prazo dun ano.

Babcock, Telespazio e un consorcio integrado pola peme galega Aeromedia, por Indra e polo Instituto Tecnolóxico de Galicia son os adxudicatarios destes contratos cos que a Xunta despregará solucións con sistemas non tripulados que redundarán de forma directa en servizos como o transporte sanitario urxente, a monitorización de zonas forestais, a vixilancia e a inspección marisqueira e pesqueira, a localización de persoas extraviadas e a análise das poboacións de semente de mexillón.
R.

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información