Galicia regulará o uso da IA na administración autonómica a partir dun estudo de USC, UDC e UVigo
Concretamente, polo catedrático de Dereito Administrativo da USC, Luis Míguez; a catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC, Amparo Alonso; e o profesor de Economía Aplicada da UVigo, Alberto Vaquero.
O persoal experto das tres universidades destaca que “hai marxe para que os Estados e as comunidades autónomas reforcen os obxectivos da lexislación europea sobre Intelixencia Artificial, incluso dende antes da súa entrada en vigor”. Neste sentido, inciden en que “nada impide que a comunidade autónoma regule xa a utilización das tecnoloxías baseadas en IA polo propio sector público autonómico e, no seu caso, polas entidades locais galegas”.
Tampouco hai impedimento a que “a comunidade autónoma poida desenvolver unha política propia de fomento do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas na IA”. Con todo, advirten de que “está xurdindo un mosaico de normas nacionais con posibles diverxencias que entorpecerá a circulación fluída na UE de produtos e servizos asociados a sistemas de intelixencia artificial e non garantirá de maneira efectiva a seguridade e a protección dos dereitos fundamentais e os valores comunitarios”.
Esta é unha das conclusións do estudo presentado este xoves na Cidade da Cultura, promovido pola Xunta e elaborado por equipos multidisciplinares das tres universidades públicas galegas. Este informe é o primeiro elaborado nunha comunidade autónoma española para afrontar os retos para unha IA fiable a acorde cos valores humanos que promove a Unión Europea.
Conclusións
Entre as conclusións do traballo, os autores destacan que “para estudar posibles escenarios de regulación da IA en Galicia resulta recomendable seguir activamente os acordos e avances da AI Act (Lei europea de IA) de cara a situarse como pioneiros na aplicación que corresponda e lograr aliñarse para impulsar o mercado único europeo e crear oportunidades claves en torno ao desenvolvemento e uso da IA en Galicia”.
Sinalan, así mesmo, que “as empresas galegas contan con certas vantaxes, como as derivadas da existencia dunha clara aposta da Xunta pola IA, materializada nunha estratexia formal, e a implantación de graos universitarios neste ámbito de formación”.
O estudo articulouse en torno a tres aspectos: o marco lexislativo da IA, a identificación das claves do éxito na adopción da IA no mundo e un sistema de indicadores para Galicia, e a análise da situación actual da adopción da IA en Galicia e recomendacións para o seu impulso.
En canto ao sistema de indicadores proposto, os expertos tomaron como referencia a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e os datos dispoñibles a través do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA). Entre os aspectos de análise atópanse as conexións da rexión coas principais redes de intelixencia artificial; a formación e adaptación do capital humano e da poboación; o desenvolvemento das condicións necesarias para o desenvolvemento da IA; administracións públicas, empresas e sectores estratéxicos; e o apoio dende os axentes do ecosistema de innovación galego e a súa aportación á evolución social e económica de Galicia.
O traballo tamén incide en que debe ser prioritario “a creación de espazos de datos empresariais compartidos, a transformación dixital das empresas, o despregue de infraestruturas e o fomento da creación de empresas de prestación de servizos de IA especializados en PEMEs”.
Lingua e IA
Previamente á presentación do estudo desenvolveuse un espazo de diálogo sobre ‘O papel da linguaxe para unha IA ética e fiable’ no que participaron o profesor emérito da USC, Darío Villanueva, e o director do Foro de Humanismo Tecnolóxico de ESADE, José María Lassalle.

R.