A nova Lei galega de igualdade situará a Galicia como primeira comunidade en regular a sustentabilidade social empresarial
O anteproxecto da norma que hoxe recibiu a aprobación do Consello da Xunta para iniciar a súa tramitación parlamentaria a próxima semana, estará vixente antes de que remate a presente Lexislatura. Vai actualizar unha lexislación que, segundo indicou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, “ten case 20 anos”. “Desde entón houbo cambios a nivel social, económico e laboral sobre a concepción de igualdade. Grazas a esta Lei, Galicia vai ter unha normativa adaptada aos tempos e vaise dar recoñecemento legal a esa nova cultura empresarial con criterios sociais e que pensa no benestar laboral” dos seus traballadores, indicou.
Lorenzana explicou que o obxectivo “é que as empresas favorezan a igualdade de oportunidades entre o persoal traballador con independencia do seu xénero e a creación de equipos diversos, mellorando a súa competitividade e converténdose en polos de atracción e retención do talento”.
A sustentabilidade social empresarial convertirase, con este compromiso, nun dos eixos fundamentais para loitar contra a discriminación da muller no eido laboral e para facer efectiva a igualdade de oportunidades en Galicia superando conceptos como a responsabilidade social empresarial e aliñando a norma autonómica cos últimos avances normativos a nivel estatal e internacional, así como tamén coas novas tendencias do mercado laboral. “Trátase de regular e promover que as empresas tomen medidas para mellorar a calidade de vida e as condicións laborais dos seus traballadores”, indicou Rueda.
A nova Lei de Igualdade reforzará o compromiso do Goberno da Xunta na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da súa igualdade, atribuíndolle o máis alto grao de efectividade do dereito constitucional á igualdade entre eles.
A norma tamén permitirá asentar un marco legal no que encaixarán medidas xa implantadas e se incorporarán outras en consonancia coas novas necesidades socio-laborais. Así, a nova lei de igualdade ademáis de introducir novos conceptos como o de sustentabilidade social empresarial, tanto na súa dimensión interna como externa, apontoará a idea do benestar laboral, que é outro termo que acuña para referirse á mellora da calidade de vida e das condicións laborais das persoas traballadoras grazas á implementación dos factores que leva parellos a sustentabilidade social empresarial. Nomeadamente, a conciliación da vida laboral e familiar, a implementación de plans de igualdade nas empresas, o fomento do emprego feminino de calidade, a formación en igualdade laboral e habilidades dixitais ou a prevención de riscos con perspectiva de xénero.
A norma, que se adapta ás novas tendencias no eido da igualdade de xénero e, nomedamente, da igualdade laboral, regulará tamén medidas especiais para integrar a perspectiva de xénero no teletraballo e o fomento de boas prácticas nas empresas (como o dereito á desconexión) e para apoiar a racionalización e flexibilización dos horarios de traballo, dirixidas, especialmente, a pequenas e medianas empresas e a entidades do terceiro sector.
En paralelo, reflíctese o compromiso de apoio económico ao emprendemento feminino en empresas dixitais e de incentivos para o fomento das vocacións de mulleres onde están infrarrepresentadas.
Mulleres rurais e do mar
O Goberno galego, ademáis de atender as novas tendencias do mercado de traballo, tamén presta especial atención á realidade do sector feminino en Galicia. Por iso, dedicará un capítulo ás mulleres rurais e do sector marítimo-pesqueiro, onde se recolle unha carta de dereitos e se lles recoñece prioridade nas políticas de emprego autonómicas. Fomentarase o asociacionismo e o traballo en rede destas mulleres e se creará un premio Muller Rural e do Mar en Galicia para distinguir a súa singularidade.
O texto crea, ademais, o Observatorio das mulleres rurais e do mar, como órgano colexiado de asesoramento, análise e seguimento da súa situación. Estará integrado por, ademáis de representantes da Administración autonómica, de organizacións profesionais agrarias, do tecido asociativo, dos sindicatos, da patronal, da Fegamp e persoas expertas. Terá unha sección de mulleres rurais e outra de mulleres do mar para outorgarlles cadanseus espazos propios.
Multidiscriminación e espazos anti-acoso
Galicia recoñecerá por primeira vez a discriminación múltiple e interseccional da muller, que corresponde aos supostos nos que varias causas dificultan inda máis o desenvolvemento persoal e social das afectadas, como poden ser de discapacidade, de etnia, idade avanzada, de orientación sexual, de pobreza, de inmigración, de situación de trata etc.
O novo texto legal, noutro eido de cousas, regulará novos programas de cidade segura, a fin de crear espazos urbanos libres de violencia e acoso sexual e por razón de sexo (sendas seguras, paradas a demanda do transporte público, sinalización urbana clara, maior iluminación, etc.).
Os actos multitudinarios organizados pola Xunta de Galicia contarán tamén con espazos seguros e libres de violencia coa dotación de medios, sendas e transportes seguros e dispoñibilidade de servizos sanitarios adecuados que correspondan.
A comunidade reforzará tamén a protección da muller contra os ataques sexistas difundidos a través das tecnoloxías da información. Nestes casos, a nova norma outorgará aos Centros de Información á Muller (CIM) de ámbito local un papel relevante no labor de acompañamento e apoio ás vítimas destes ataques.
Por último, a Lei de igualdade incidirá de xeito transversal noutros ámbitos como o da saúde, o educativo ou o deportivo.
A nova lei foi resultado dun proceso de participación que permitiu integrar máis de 200 alegacións, estrutúrase en 8 títulos, 29 capítulos e 194 artigos.

R.