A Xunta de Galicia crea un novo selo de excelencia para os graos universitarios
A Xunta de Galicia outorgará un novo selo de excelencia de grao universitario, co obxectivo de recoñecer e acreditar a calidade académica destes estudos do Sistema Universitario Galego, tal e como deu a coñecer o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, no acto de presentación da mencionada acreditación, no que tamén participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela, Antonio López; Vigo, Manuel Reigosa, e A Coruña, Julio Abalde; o director xeral de FEUGA, Francisco Javier Pereiro, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.
Na súa intervención, Román Rodríguez destacou que este novo selo de excelencia supón “un paso máis no camiño de vangarda, de procura da excelencia e de adaptación da oferta das universidades galegas á realidade social”, ao tempo que “favorecerá a competitividade destas titulacións acreditando o seu elevado nivel académico e a solvencia científico técnica e formativa dos graos”.
Así mesmo, o conselleiro quixo facer fincapé en que esta distinción tamén supón “recoñecer o traballo docente na medida en que incentiva o seu labor, a súa implicación, o fomento da investigación e a transmisión de coñecemento”.
Criterios de avaliación
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicará o vindeiro día 10 no Diario Oficial de Galicia a orde reguladora deste selo, que incluirá tanto os requisitos previos como os criterios de avaliación.
As titulacións que desexen acadar este selo, teñen que estar impartíndose de xeito interrompido como mínimo desde o curso 2018/19. Cada universidade poderá presentar un máximo de tres solicitudes antes de dous meses desde a publicación no DOG.
O organismo autonómico establece oito criterios de avaliación: estratexia e resultados, currículo, deseño do proceso de ensino–aprendizaxe, profesorado, avaliación, inserción laboral, internacionalización e exposición da proposta. Cada un será valorado cun máximo de 10 puntos, agás estratexia e resultados, que puntuará ata 25 puntos; e exposición da proposta, cun máximo de 15.
O selo terá unha vixencia de seis cursos académicos, con seguimentos anuais e posibilidade de renovación, e continuará con financiamento específico no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-26.
O obxectivo deste novo recoñecemento é sensibilizar á comunidade universitaria sobre a relevancia da innovación para adaptarse á transformacións que esixe a sociedade do coñecemento e tamén para adaptar as titulacións de grao ás novas tendencias internacionais, contribuíndo a elevar a calidade do sistema universitario galego.

R.