Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

A estratexia de impulso ao emprego autónomo estimulará a competitividade e a calidade dos seus proxectos empresariais

A nova Axenda conta con máis de 360 millóns de euros de orzamento e estará artellada en 3 eixos de traballo para potenciar a calidade dos novos proxectos de autoemprego, fortalecer o ecosistema competitivo do emprego autónomo e avanzar no marco de cogobernanza para dinamizar este emprego.

Tal e como subliñou a conselleira, a Axenda permitirá seguir a impulsar a Rede de polos de emprendemento, que conta na actualidade con 11 centros activos. Tamén inclúe a nova medida de cota cero para os autónomos que se activará a partires de xaneiro para as novas altas rexistradas entre o 30 de setembro de 2023 e a mesma data de 2024.

Entre outras novidades apuntadas por Rivo, destacan as ferramentas deseñadas para impulsar a actividade destes profesionais e axudalos na posta en marcha dos seus negocios. A Xunta de Galicia creará así o Espazo Crece Autónomo, para a formación de calidade especializada e o impulso dun espazo virtual de demostración de sistemas tecnolóxicos e de mercado. E ofertará, por outra banda, o Paquete de inicio do autoemprego, que combinará cualificación, asesoramento e axudas ao investimento.

A Xunta seguirá ata 2027 a reforzar as liñas de axuda específicas para o inicio de actividade, a xeración do emprego por parte dos traballadores autónomos e a conciliación. Tamén incidirá na mellora da seguridade e saúde laboral e no benestar destes profesionais e impulsará a remuda xeracional como fórmula de mantemento dos negocios tras a xubilación das persoas titulares.

A nova Axenda incardínase no Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 para definir as liñas mestras a desenvolver para impulsar o emprego autónomo en Galicia ata o ano 2027.

Durante a anterior Estratexia Autónomo 2017-2020, e a pesares de coincidir coa pandemia, a Xunta apoiou a incorporación ao emprego autónomo de 16.704 persoas -3.913, menores de 30 anos- cun investimento global de máis de 160 millóns de euros, lembrou Rivo.

A peche de outubro, a comunidade galega sumaba máis de 214.000 profesionais autónomos de alta no réxime especial e do mar. Galicia é cun 20% do total de afiliados a 1ª comunidade con maior peso deste colectivo no total de cotizantes a nivel estatal e a 2ª con maior presenza de mulleres, que supoñen o 41% do colectivo.

“O traballo autónomo é piar esencial para o crecemento económico e social de Galicia, coa paixón, determinación e habilidades únicas, os seus profesionais son motores de innovación permanente e axentes do cambio”, afirmou a conselleira de Promoción do Emprego, quen lembrou que moitas das micro e pequenas empresas existentes en Galicia están lideradas por traballadores por conta propia.
R.

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información