Galicia reclama un maior apoio estatal coa rebaixa do IVE e o Perte
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, aproveitou a xornada do xoves para visitar varias empresas transformadoras da cadea mar-industria para avaliar a situación do sector marítimo-pesqueiro galego nuns momentos onde a actual conxuntura, repleta de dificultades polo impacto económico dos conflitos en Ucraína ou Oriente Medio, fai necesario incrementar o apoio a unha actividade estratéxica.
Por un lado, dixo, é máis necesaria ca nunca a rebaixa do IVE aos produtos do mar e, por outro, a activación dun Perte (proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica) que debe ser moito máis ambicioso que o avanzado, pois dotado con apenas 40 millóns de euros en axudas e outros dez millóns en préstamos é apenas a décima parte do que demandaba o sector. Por exemplo, o que se destinou ao sector agroalimentario, no que se vetou á pesca, marisqueo, conserva e elaborados, superou mil millóns de euros.
Basanta trasladouse primeiro a Vigo, onde no porto pesqueiro do Berbés achegouse ás instalacións da empresa Hermanos Fernández Ibáñez xunto ao presidente da Autoridade Portuaria olívica, Carlos Botana, e representantes da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI). Alí coñeceron o sistema produtivo e a situación actual que atravesa a comercialización do peixe espada, ademais dunha importante aposta como FIP Blues, proxecto de mellora para as pesqueiras de peixe espada e quenlla promovido por catro organizacións de produtores pesqueiros e 14 empresas, entre as que está a consignataria de pesca visitada no porto pesqueiro vigués.
Posteriormente, o director xeral de Pesca visitou en Cambados a piscifactoría de linguado Aquacría Arousa, onde coñeceu os procesos de I+D+i da empresa e os seus avances a nivel produtivo. Antonio Basanta coñeceu de primeira man dos seus responsables as posibilidades de investimentos de cara o futuro.

R.