Acordo de xubilación parcial do ensino concertado que beneficiará a uns 400 profesionais
O Goberno galego financiará con 5M€ a posta en marcha das medidas que favorezan este proceso para aqueles profesionais que cumpran cos requisitos esixidos. Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP asumirá as retribucións e as cotizacións á Seguridade Social derivadas deste acordo ata a data na que as persoas xubiladas parcialmente acaden a idade legal para acceder á xubilación total. Con este acordo búscase "facilitar e establecer as condicións para o acceso á xubilación parcial do profesorado de centros docentes concertados de Galicia mediante a celebración simultánea de contratos de relevo", sinalou o representante de Educación.
Requisitos
Entre os requisitos a cumprir para acceder a esta xubilación parcial, o persoal docente debe estar vinculado por un contrato de traballo de duración indefinida e xornada completa, incluído no réxime de pago delegado cunha antigüidade mínima de seis anos no momento de iniciarse a xubilación parcial. Tamén se poderán beneficiar da medida as persoas cooperativistas que cumpran ditos requisitos. O período mínimo de duración da xubilación será de un ano e a redución da xornada laboral durante toda a xubilación parcial do profesorado estará comprendida entre un mínimo de 25% e un máximo do 50%.
No caso do profesorado contratado en substitución, establécese como un criterio preferencial que a persoa candidata estea incluída na bolsa de recolocación creada por un acordo asinado en xuño do ano pasado entre a Consellería de Educación e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia co fin de incentivar a recolocación do profesorado.

R.