Avanza a elaboración do novo Plan galego de Investigación e Innovación 2025-2027
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou na reunión do grupo técnico da Comisión Interdepartamental de I+D+i, un encontro que se centrou en avanzar na elaboración do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.
O Goberno galego traballa para ter aprobado este plan a final de ano, co fin último de mellorar a resposta das políticas públicas aos retos actuais da sociedade no eido da I+D+i, potenciando o papel de Galicia como referente neste eido.
Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP parte dunha avaliación, xa en marcha, da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027, contando coa participación dos membros do ecosistema galego de I+D+i e coa opinión contrastada dun grupo de expertos na materia. De xeito paralelo, no seo da Comisión Interdepartamental, estase a definir o enfoque estratéxico do plan para proceder despois á redacción do seu anteproxecto e á súa aprobación polo Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación e polo Consello da Xunta de Galicia.
O Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ten entre os seus obxectivos acadar unha maior eficiencia e impacto das accións impulsadas desde a Administración para o impulso da investigación, a transferencia, a valorización e a innovación en Galicia; a coordinación dos sistemas de I+D+i e dos recursos dispoñibles, favorecendo a colaboración público-privada; a coordinación da Comunidade Autónoma nos plans e programas nacionais e internacionais, o fomento da innovación e da súa xestión e a medición e avaliación dos resultados acadados en relación cos obxectivos propostos.

R.