Galicia recibiu este verán máis de 2 millóns de viaxeiros e experimentou un incremento da rendibilidade hoteleira do 8%
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron hoxe balance da actividade turística do verán, cando a cidade de Lugo tivo especial protagonismo ao ser unha das cidades que tivo mellor comportamento nos meses de xullo e agosto.
De xeito global, Xosé Merelles salientou a “estabilidade” e ao “avance cualitativo” do turismo durante a época estival, na que a Comunidade galega rexistrou máis de 2,15 millóns de viaxeiros aloxados, que realizaron 4,8 millóns de noites, “mantemos as cifras de viaxeiros en verán de xeito cuantitativo, pero sobre todo medramos de xeito cualitativo, aumentando os días nos que os turistas quedaron en Galicia, repartindo a súa chegada polos concellos galegos e aumentando a rendibilidade do sector hoteleiro”.
Puxo como exemplo o crecemento que se rexistrou en xullo e agosto nalgúns xeodestinos como a Mariña lucense, con máis de 66.000 viaxeiros no sector hoteleiro e un crecemento do 10%; a Ribeira Sacra, con máis de 41.000 viaxeiros e un crecemento do 27% ou Trevinca-Valdeorras, que medrou un 22%. “Son só algúns exemplos de como estamos sendo quen de repartir a chegada dos viaxeiros por todo o noso territorio. Un dos nosos obxectivos principais, para seguir medrando de xeito sostible”, expresou.
Como dixo, nesta diversificación, tamén está a ser clave o Camiño de Santiago “que durante o verán permitiu dinamizar moitos concellos do noso rural debido ao crecemento no número de peregrinos que rexistramos”. En concreto, fixo alusión ás máis de 120.000 Compostelas que se recolleron en xullo e agosto, o que supuxo un crecemento do 15% na ruta xacobea durante o verán.
Máis internacional
Tamén destacou o comportamento do turismo estranxeiro na época estival, que escolleu maioritariamente aloxarse en hoteis e pensións, onde este mercado rexistrou un incremento do 5,5%. Xosé Merelles fixo mención especial ao crecemento de viaxeiros procedentes de Italia, Portugal, Alemaña e o mercado americano que medrou un 2%.
“Ademais de medrar en número de viaxeiros e facelo de xeito repartido, en verán tamén avanzamos noutros parámetros como por exemplo, aos resultados económicos con máximos históricos en ingresos hoteleiros este verán”, engadiu Xosé Merelles. En concreto, só en verán, nos meses de xullo e agosto estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais próximos aos 140 millóns de euros, un 5,3% máis que o ano pasado. E a súa rendibilidade medrou máis dun 8%.
Increméntase a desestacionalización
Como subliñou o director de Turismo de Galicia, os datos do verán, que fixo públicos hoxe o Instituto Nacional de Estatística (INE) permiten facer, ademais, unha radiografía do comportamento turístico do ano en Galicia “no que comprobamos que a mellora no turismo galego está a producirse por un incremento da demanda distribuído ao longo do ano. É dicir, que non se concentra só nos meses de verán e, ao contrario, repártase no ano”, indicou.
De feito, no que levamos de ano, rexistráronse incrementos de viaxeiros nos meses de febreiro, en máis dun 1% ou maio en máis dun 15% e no Camiño de Santiago foi aínda maior, con incrementos do 10% en xaneiro en número de Compostelas, dun 6% en febreiro e dun 19% en maio.
De xeito, global Galicia rexistrou un total de 5,1 millóns de viaxeiros aloxados nos oito primeiros meses do ano, o que supón un incremento de case o 2%. Fixeron 9,7 millóns de noites e reforzámonos como destino internacional. De feito, o turismo internacional medra un 3,4%. Ata o de agora recibimos case 2 millóns de viaxeiros estranxeiros e a demanda internacional supón case o 30%.

R.