A compañía compostelá UROVESA leva adiante a renovación da súa cuarta xeración de camións e lanza ao mercado o novo VAMTAC, un vehículo de alta mobilidade táctica que supera en prestacións aos todoterreos convencionais
Uro Vehículos Especiales S.A. (UROVESA) é unha empresa creada no ano 1981 que ten a súa sé en Santiago de Compostela e que dedica a súa actividade ao deseño, desenvolvemento e fabricación de vehículos especiais destinados tanto para uso civil como militar. Dende a súa fundación, a compañía asumiu a investigación e o desenvolvemento de novos produtos como un dos seus principais retos e, nesta liña, puxo en marcha diferentes proxectos innovadores que deron como resultado novas xeracións de vehículos.
Na actualidade, UROVESA vén de desenvolver unha innovación e complementación da súa gama de vehículos todoterreo. Para levala adiante, puxo en marcha un proxecto de investigación que conta co apoio económico do Plan Galego de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria a través do Programa de Tecnoloxías de Deseño e Produción Industrial.
ACADAR UN PRODUTO COMPETITIVO NO MERCADO INTERNACIONAL
Con este proxecto de investigación, a compañía quere renovar a súa cuarta xeración de camións todoterreo. Concretamente, tentan redeseñar e actualizar dous prototipos –modelos F3 24 14 e F3 28 14- introducindo melloras no motor, cambios, eixos, chasis, caixa transfer e cabina para conseguir, segundo explica José Sierra, xerente da empresa, “que os novos camións desenvolvan maiores prestacións e potencias”. E todo isto nun momento como o actual, no que a Unión Europea marca unha serie de directivas que deben cumprir estes vehículos. “O que facemos –explica José Sierra-, é aproveitar o feito de que hai que introducir esas directivas, que son de obrigado cumprimento, para dotar ademais aos camións dunha serie de melloras”. O xerente da compañía afirma que unha destas melloras é a confortabilidade xa que, segundo di, “as cabinas que teñen agora os camións non se parecen en nada as que tiñan hai dez anos”.
Nesta liña innovadora, UROVESA quere ampliar a súa gama actual desenvolvendo un novo vehículo todoterreo que alcance o peso máximo autorizado na Comunidade Europea en vehículos de dous eixos (18 toneladas), co que propoñen un novo modelo altamente competitivo nos mercados internacionais. Ademais, queren capacitar este novo vehículo todoterreo para o peso máximo (20 toneladas), co obxectivo de comercializalo fóra da Unión Europea, onde o peso máximo autorizado pode ser maior que o permitido pola normativa da UE. Un obxectivo que José Sierra cualifica de “moi ambicioso, non só no sentido técnico, senón tamén na parte comercial xa que estamos a falar dun produto novo que hai que promocionalo e dalo a coñecer”.
Esta iniciativa posibilitará a entrada de UROVESA en novos mercados, ampliando así o alcance exportador dunha compañía que hoxe xa está presente en 20 países de Europa, Sur e Centroamérica, África e Oriente Medio.
Os camións todoterreo de UROVESA están destinados a transporte e mobilidade en condicións difíciles, por lugares de difícil acceso que se atopan fóra das estradas. De aí que os receptores sexan sectores como os de protección civil –para a extinción de incendios, por exemplo-, militar, instalacións eléctricas e telefónicas, construción, empresas de sondeos, minería e obras públicas, entre outros. O xerente da empresa asegura que as innovacións que incluíron na nova gama de vehículos non suporán un grande incremento no prezo do produto e subliña como a principal cualidade innovadora do proxecto de investigación as motorizacións. Segundo explica, “antes, os motores eran convencionais. Agora xa teñen todos xestión electrónica. Isto obriga a que o vehículo en si mesmo, e non só o motor, incorpore elementos novos de electrónica tanto na xestión do motor como noutros elementos do vehículo”.
Coa posta en marcha destes proxectos de I+D, a empresa compostelá cubre unha gama completa que vai dende os 3.500 kilos ata as vinte toneladas. Isto posibilita, segundo José Sierra, “que cando aparecemos ante un cliente podemos darlle a solución que precise para calquera tipo de traballo en todoterreo”.
PROTOTIPOS E ENSAIOS DE MATERIAIS, DA MAN DE AIMEN
Para levar adiante o proxecto de investigación, a compañía conta coa colaboración do Centro Tecnolóxico AIMEN, unha asociación de investigación sen ánimo de lucro, que ten a súa sé na localidade pontevedresa de Porriño, e á que pertencen empresas de diversos sectores industriais de Galicia como os da metalurxia, automoción, construción civil, inspección, metal-mecánica, construción naval, química, fundición, bens de equipo, cerámica, alimentación, cemento, plásticos e enxeñería, entre outros. Na investigación, AIMEN encargouse de participar no I+D destes prototipos e de realizar ensaios dos novos materiais que aseguren resistencia, durabilidade e funcionalidade, tanto dos compoñentes illados como dos compoñentes ensamblados en conxuntos, e que foron sometidos ás mesmas condicións extremas ás que estará sometido o vehículo na súa actividade real.
Esta nova gama de camións estará a punto e lista para ser lanzada ao mercado a finais deste ano 2005.
VEHÍCULO DE ALTA MOVILIDADE TÁCTICA (VAMTAC)
UROVESA realiza un segundo traballo de investigación co apoio da Consellería de Innovación e Industria; neste caso, trátase de innovar na súa gama de vehículos todoterreo de alta mobilidade táctica (VAMTAC), mediante o desenvolvemento e a implantación de melloras tecnolóxicas. José Sierra explica que o VAMTAC “é un vehículo que se pode mover por todo terreo a velocidades moito máis altas que calquera vehículo convencional destas características e cunha seguridade moi grande”. O VAMTAC admite un peso total de cinco toneladas e ten distintas aplicacións, “dende o sector industrial, militar e de protección civil, ata o segmento civil de ocio, por exemplo para actividades como a caza, xa que permite acceder a lugares onde outros vehículos non poderían chegar”. José Sierra asegura ademais que estamos ante un vehículo “totalmente innovador no Estado e en Europa”.
UROVESA lanzou a primeira liña do VAMTAC hai uns cinco anos; o modelo que agora propoñen é unha evolución daquela proposta coa incorporación de melloras nas prestacións, electrónica, potencia e suspensión, entre outras. José Sierra asegura que estamos ante un vehículo “case intelixente que detecta, por exemplo, cando patina unha roda para bloqueala e conseguir así que deixe de patinar”, afirma.
Na actualidade, a compañía compostelá está considerada como un dos referentes a nivel estatal, na fabricación de vehículos todoterreo para uso civil e militar. José Sierra asegura que para conseguir isto é fundamental dedicar recursos á investigación. “É indubidable –explica-. O investimento en innovación é absolutamente necesario para seguir traballando. No momento actual, marcado pola globalización, hai que estar continuamente investigando, innovando e tratando de diferenciarse das empresas competidoras. Só así poderemos estar no mercado nunha posición de privilexio e ofrecer ao cliente produtos que sexan atractivos e que cumpran a súa función”, asegura.
Na actualidade, a compañía conta cunha plantilla de 80 empregados na súa sé, en Santiago de Compostela, e posúe ademais dúas empresas asociadas en Asturias que incrementan este número ata as 150 persoas. A produción anual da compañía oscila entre as 400 e as 1.500 unidades ao ano, e a facturación anual ronda os 30 millóns de euros.

R.