Galicia, ante el reto de la transición del cemento al conocimiento. El informe anual sobre la economía gallega que edita Caixa Galicia apuesta por impulsar la productividad a base de innovación y formación
Se conmemora el 20 aniversario de la publicación A economía galega. Informe anual que edita Caixa Galicia y que en esta edición apuesta por mejorar la productividad, ganar en competitividad y convertir a Galicia en un país atractivo para ganar mercados y atraer subvenciones.
A la presentación de esta publicación, además del director general de Caixa Galicia, asistió el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, que destacó la necesidad de impulsar la innovación y la formación con el fin de realizar la transición del cemento al conocimiento. El presidente gallego recordó que se trabaja desde el Ejecutivo en fomentar un ejercicio riguroso de las cuentas públicas, eficaz en la gestión presupuestaria y con transparencia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avogou por levar a cabo “un cambio de mentalidade” en Galicia e por pasar a ser un país que aposte “por medrar en innovación e en formación”. Trátase, en palabras de Pérez Touriño, de realizar a transición “do cemento ao coñecemento”, e de “pór en valor, no centro das preocupacións e dos eixes de actuación pública, colectiva e privada, novos retos, novos métodos e novos obxectivos estratéxicos” de país. O obxectivo é gañar en produtividade, en competitividade, e converter a Galicia nun país “atractivo, capaz de internacionalizar máis e mellor nos mercados e capaz de seducir e atraer investimentos”, o que, a xuízo do mandatario galego “pasa por converternos nunha marca de referencia, de excelencia, de calidade e de diferenciación de produto”.
Durante a presentación da publicación “A economía galega. Informe 2005”, que cumpre xa 20 anos, o máximo mandatario autonómico salientou que para conseguir estes obxectivos é preciso que Galicia complete ciclos e se especialice, co fin de poder ofrecer “todas esas capacidades que pasan por colocar no centro os piares que poden facer mover esa produtividade”: a educación, a innovación e a formación como “elementos claves e determinantes”.
Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén considerou esencial o traballo levado a cabo por cantos colaboran en proxectos e publicacións como o informe económico presentado en Santiago, “decisivo”, a xuízo do mandatario galego, para establecer canles de análise, de reflexión e de diálogo, e para que as orientacións das políticas económicas e financeiras “poidan ser feitas como estamos comprometidos a facelas: desde o saneamento, desde a transparencia e desde o rigor”.
Pérez Touriño lembrou, nesta liña, que o Goberno da Xunta está a traballar nesta dirección, posto que xa nos primeiros meses a acción do Goberno se centrou no “exercicio rigoroso das contas públicas, nun exercicio eficaz da xestión orzamentaria, na súa execución, na súa transparencia e no seu saneamento” así como na “apreciación da Comunidade nos mercados internacionais”. “Esa é a liña de traballo na que temos que estar”, considerou o titular do Goberno autonómico, unha liña na que considerou de singular interese informes como o presentado hoxe.
Por último, o presidente da Xunta agradeceu o traballo de cantos teñen colaborado nos informes anuais de “A Economía Galega”, animándoos a todos a continuar cun traballo que, sen dúbida, servirá de orientador para responder aos desafíos e retos cos que se debe enfrontar Galicia nos vindeiros anos. Pérez Touriño salientou, ademais, “o rigor” da publicación “A Economía Galega. Informe Anual”, que permite dar “unha perfecta radiografía” dos cambios e mutacións máis significativos que experimentou o país nos últimos anos.

R.