El sector pesquero debate en el II Congreso Internacional de Diversificación Económica
Nota de prensa remitida por la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:
Representantes de asociacións, colectivos e empresas do sector marítimo-pesqueiro, así como das administracións autonómica, central e europea, analizaron os resultados das iniciativas de diversificación socioeconómica que se están levando a cabo en comunidades costeiras e pesqueiras a nivel internacional. Este encontro celebrouse no Museo do Mar en Vigo e foi inaugurado polo director deste centro, Pablo Carrera, xunto á directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares, e o director do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Manuel Varela.
Trátase do “II Congreso Internacional de Diversificación Socioeconómica nas comunidades costeiras: alternativas aplicadas no ámbito da pesca, o marisqueo e a acuicultura”, que organizou por segundo ano consecutivo o Cetmar, da Consellería de Pesca, e que se enmarca no Proxecto Seawo-men (AquaReg-Regex INTERREG III B). Nesta ocasión, estivo centrado na análise das distintas actividades de diversificación económica postas en marcha polo sector participante na primeira edición deste foro, que tivo lugar en maio do ano pasado.
Coa celebración da segunda edición do congreso consolídase un foro que permite ás administracións públicas, aos axentes sectoriais e á sociedade en xeral valorar conxuntamente as liñas de actuación e os obxectivos a curto e medio prazo enmarcados no ámbito da diversificación económica do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola. De feito, dende a organización considerouse que era momento de facer balance do camiño percorrido ata o momento, tendo en conta os problemas identificados e as solucións propostas.
Nesta dirección, unha das novidades do II Congreso foi a exposición e concurso de paneis sobre diversificación socioeconómica no sector pesqueiro e marisqueiro. Deste xeito, as organizacións emprendedoras tiveron a posibilidade de presentar un panel coa descripción da súa actividade para ser exposta a todos os asistentes e que permitiu a difusión desas iniciativas.
Outras actividades
Ademais da exposición de paneis, no foro celebrado hoxe no Museo do Mar, a coordinadora de Seawo-men e responsable da Área de Socioeconomía do Cetmar, Rosa Chapela, presentou as conclusións deste proxecto. Neste eido, tamén foron presentados os resultados desta iniciativa en Irlanda.
O Proxecto Seawo-men, deseñado como unha rede de redes, pretende abrir as portas a múltiples liñas de investigación e traballo cooperativo, aportando recursos para que a diversificación socioeconómica se traduza nunha realidade.
Por outra banda, a presidenta da Asociación de Empresarios Marítimos y Pesqueros (EMPA), Yolanda Piedra, falou sobre prácticas de pesca-turismo, mentres que o director de ZOEA, Difusión e Investigación del Medio Marino, Juan Pablo Camblor, impartiu a conferencia “Diversificación nas reservas mariñas. Medio marítimo e sostibilidade: o ecobuceo”.
No congreso tamén se analizou a situación do Fondo Europeo da Pesca (FEP) e a diversificación das comunidades costeiras no marco deste instrumento financeiro, sendo responsables da Comisión Europea, do Ministerio de Pesca e da Consellería os encargados de aportar as claves para a súa aplicación. Nesta dirección, o director de desenvolvemento de empresas da Cámara de Comercio de Montpellier, Yves Champetier, abordou as ensinanza do programa LEADER en relación ao novo marco do FEP.
A gastronomía do mar
O peche do II Congreso Internacional de Diversificación Socioeconómica” correu a cargo dunha demostración culinaria e dun taller sensorial. Deste xeito, levouse a cabo unha actividade gastronómica cuxa finalidade era aportar valor aos produtos do mar empregando innovadoras técnicas culinarias.
Así mesmo, o taller “Do mar ao Paladar” ofreceu unha cata comentada na que os asistentes ao foro tiveron a oportunidade de degustar diferentes elaboracións dos produtos pesqueiros clásicos. Os participantes nesta iniciativa foron guiados durante o proceso para axudarlles a resaltar as mellores cualidades dos alimentos.
Finalmente, o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, foi o encargado de clausurar o encontro.

R.