El Cetmar muestra cómo eliminar las redes en desuso sin perjudicar el medio ambiente
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), organiza un Seminario sobre “Xestión e tratamento de redes de pesca fóra de uso: Alternativas” que ten lugar nas instalacións deste centro. Esta iniciativa enmárcase no Proxecto “OMAR, Observatorio Medioambiental sobre os residuos sólidos das actividades pesqueiras, acuícolas e portuarias de Galicia”, que ten como obxectivo xeral favorecer a información, a sensibilización e a formación sobre a problemática do impacto sobre o medio mariño e costeiro dos restos que producen as actividades pesqueira, acuícola e portuaria, así como o deseño de pautas e técnicas para a posta en marcha das mellores prácticas posibles de xestión e tratamento dos desperdicios que estas orixinan.
Este primeiro Seminario sobre a xestión e o tratamento das redes de pesca en desuso pretende coñecer o estado da arte a día de hoxe e as mellores solucións a aplicar para acadar a xestión destes residuos. Trátase de procurar respostas conxuntas e viables, tanto ambiental como económicamente, co fin de conseguir unha xestión e reciclaxe de residuos do mundo do mar máis sustentable, sobre todo con materiais deste tipo que, polo seu volume e peso, representan un problema engadido á xa de por sí complexa xestión dos desperdicios producidos no entorno portuario.
Ademais, hai que ter en conta que ao longo dos 127 portos pesqueiros galegos deposítanse preto de 9.179 metros cúbicos de redes fóra de uso, tanto retallos coma panos dun considerable tamaño, que proveñen das aproximadamente 450 embarcacións da frota pesqueira galega que empregan distintas clases de redes (para o arrastre, o cerco ou o enmalle).
De todos os xeitos tamén hai que destacar que o sector pesqueiro está a adquirir paseniñamente conciencia ambiental e, por conseguinte, está empregando hábitos responsables relacionados co depósito e separación dos residuos en terra, é dicir, no porto pesqueiro.
As ponencias que se inclúen neste encontro, relacionadas coas diferentes saídas que se lle poden dar a este residuo, así como da súa posible valorización enerxética, serán impartidas polo investigador irlandés, M. Mulligan, e polos representantes das iniciativas empresariais galegas de reciclaxe. Dirixiranse a pescadores, armadores e xestores medioambientais dos portos, así como a fabricantes e distribuidores de redes de pesca.
Descripción e accións do Proxecto OMAR
O Proxecto “OMAR, Observatorio Medioambiental sobre os residuos sólidos das actividades pesqueiras, acuícolas e portuarias de Galicia”, impulsado pola Consellería de Pesca en colaboración con Portos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nace co fin de facerse eco da situación das augas e a beiramar da costa galega, que son obxecto dunha considerable presión ambiental a consecuencia da produción e acumulación de refugallos que son causados polos distintos axentes produtivos e de servizos que se localizan nestas zonas. En concreto, nos portos de Galicia xéranse diariamente toneladas de residuos de diversa natureza que, as máis das veces, non son xestionados nin tratados correctamente en vistas de evitar ou minimizar o seu impacto ambiental.
Dende o pasado mes de xuño o proxecto OMAR vén amparando unha serie de talleres con grupos de contacto locais sobre os residuos sólidos das actividades pesqueira e portuaria en diversos portos da nosa Comunidade Autónoma. En concreto, realizáronse xa cinco reunións en Cedeira, Portonovo, Celeiro, Baiona e Ribeira e prevense novas iniciativas ao longo deste ano, alomenos seis novas charlas noutras localidades galegas.
Amais destas accións, este Observatorio contempla a realización doutras moitas co fin de dar cumprimento e acadar os obxectivos plantexados. Así, entre estas actividades que prevé desenvolver destacan: un Estudo-Diagnóstico dos procesos produtivos en zonas costeiras-portuarias das actividades obxecto: xeración de residuos e xestión ambiental; un Informe de Validacións sobre a visión, opinión e valorización que os propios traballadores teñen da súa actividade e as tarefas que executan, da súa influencia no medio ou do seu grao de concienciación ambiental; así como unha Base de datos en base á tipoloxía das actividades.
O Observatorio tamén porá á disposición de todos os axentes implicados nesta problemática un Servizo de Consultoría e Asesoramento, continuará coa organización de talleres, xornadas de demostración, charlas, conferencias ou seminarios, elaborará e editará material gráfico informativo-divulgativo sobre Boas Prácticas Ambientais, e organizará unha serie de visitas para a observación e análise de experiencias previas en Europa de cara a achegalas ao caso galego. OMAR está dirixido a empresas e traballadores vinculados a actividades profesionais e procesos produtivos que se desenvolven nas zonas costeiras de influencia portuaria. Deste xeito, involucra ao sector da pesca artesanal, ao sector mexilloeiro, a empresas de servizos portuarios, talleres, empresas de estiba e desestiba, de reparación naval ou manexo de peixe, así como fabricantes e distribuidores de artes de pesca.

R.