Conxemar 2007 acoge a 660 empresas expositoras de 35 países
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada pola delegada provincial de Pontevedra, Ángeles Montero López, mantivo unha xuntanza na delegación de Vigo co equipo directivo de Conxemar, encabezado polo seu presidente, José Luis Freire. Os representantes de Conxemar presentáronlle á Conselleira as expectativas que teñen para esta edición, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi-Cotogrande) entre os días 2 e 4 de outubro.
A organización explicoulle a Carmen Gallego que a estas alturas, a doce días da celebración do evento, toda a superficie do recinto feiral de Cotogrande está xa reservada para os expositores de 660 empresas, 70 máis que as participantes o ano pasado. Todas estas entidades inscritas representan a máis de 35 países.
Así mesmo, transmitíronlle á titular de Pesca que están moi contentos e satisfeitos co nivel de participación nesta edición, pero aínda así demandan máis espazo do que dispoñen na actualidade, co fin de que a feira poida medrar ano a ano sen limitacións de superficie. Ademais, manifestaron a súa alegría pola expansión e consolidación que está a experimentar a feira no ámbito nacional e internacional.
Pola súa parte, Carmen Gallego explicoulle ao equipo directivo de Conxemar que o seu departamento ten constancia desta demanda e asegurou que dende distintas áreas do Goberno galego se está a traballar na procura de solventala, co fin de que a feira continúe medrando.
Amáis disto, a Conselleira confirmou a presenza da Consellería de Pesca na feira, un ano máis, cun stand institucional de 100 metros cadrados (10mx10m). Estas instalacións contarán cun despacho institucional, un punto de información, unha zona de usos múltiples e un área dedicada ao Mexillón de Galicia.
Nas instalacións que Pesca terá en Conxemar 2007 atenderanse todas aquelas demandas informativas dos visitantes e se informará de todos os proxectos que ten posto en marcha o departamento que dirixe Carmen Gallego. Ademais, pola mañá e pola tarde poderanse degustar produtos do mar elaborados de moi diferentes xeitos.
Así mesmo, o stand da Consellería de Pesca acollerá un área dedicada ao Mexillón de Galicia, recentemente coroado coa Denominación de Orixe Protexida pola Unión Europea. Nela daranse a coñecer as posibilidades deste produto conxelado.
Finalmente, o expositor de Pesca acolle o “Encontro Internacional de Negocios sobre Tecnoloxías e Procesos na Pesca Extractiva e Acuicultura” os días 2 e 3 de outubro. Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Pesca, o Igape e o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (Bic Galicia), ten por obxectivo fomentar as relacións comerciais e a transferencia de tecnoloxía entre pequenas e medianas empresas de Europa e de América Latina, así como impulsar a internacionalización das empresas galegas.

R.