Más de 2 millones de euros en ayudas a la internacionalización de las empresas del sector textil
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/adolfo_dominguez_escaparate.jpg)
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, vén de resolver as axudas ás empresas galegas do sector téxtil, moda e confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización. En total son 70 empresas as beneficiadas das axudas por un importe global de 2.012.096,09 euros. Das 70 compañías, 40 están situadas na provincia de Pontevedra, 23 na da Coruña, 6 na de Ourense e 1 na de Lugo.
Esta liña de subvencións –cuxa convocatoria foi realizada mediante orde do 27 de decembro de 2007– ten por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil, moda e confección nos mercados internacionais.
As actuacións subvencionables son fundamentalmente as relacionadas coa difusión e divulgación con fins promocionais (como a elaboración de materiais e a posta en marcha de campañas de promoción); coa promoción (como a participación en feiras, certames ou outros eventos expositivos fóra do ámbito galego), e co acceso a mercados (penetración nos mercados externos a través de estratexias de expansión de marca ou de licenza de marca).
R.