Investigadores de la USC diseñan una aplicación informática pionera en España que permite realizar predicciones en Bolsa a corto plazo
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/bolsa.jpg)
Investigadores da USC deseñan unha aplicación, denominada Forecasting e desenvolta en software libre, que detecta asociacións entre o contido de noticias financeiras e as variacións significativas da cotización de accións no IBEX35. Aínda que actualmente é un prototipo, a ferramenta servirá para facer predicións a curto prazo sobre o movemento das accións en Bolsa e poderá adaptarse ao eido internacional, ampliando así a súa utilidade.
A iniciativa é unha novidade total no ámbito financeiro español e senta as bases tecnolóxicas e de modelado dunha aplicación capaz de competir con éxito neste eido.
Seguindo unha orde temática, Forecasting organiza as noticias financeiras recuperadas das versións en liña dos principais xornais do eido e analiza o seu contido mediante técnicas de intelixencia artificial de filtrado semántico. Isto permite recoñecer a información máis relevante que poda afectar ao valor dunha determinada acción en Bolsa.
O uso de técnicas intelixentes, coma son os conxuntos borrosos ou a computación lingüística, fanse necesarias para filtrar o volume inxente de información dispoñible (ata 300 noticias por hora) e para facer unha selección fiable. Cando se identifican os datos importantes sobre unha acción, outro módulo do sistema cruza esta información en tempo real coa cotización da mesma no IBEX35.
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/investigadores_usc.jpg)
R.