Notas
-
A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalica, promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, busca talento emprendedor no Campus Terra da USC, onde o vindeiro martes 24 de xaneiro presentará, a partir das 11.00 horas, no edificio Cactus, a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.
-
Todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar ós seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa coa que a institución académica viguesa busca recoñecer o bo traballo das persoas que se dedican á localización de videoxogos, é dicir, a conseguir trasladar un videoxogo da súa lingua orixinal a unha lingua meta.
-
O grupo de traballo Galicia 2040 do Foro Económico de Galicia, foro coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este mércores en Santiago de Compostela o seu informe Cara novos sistemas de planificación urbana e territorial. Nel, apostan por un cambio de paradigma na creación de vivenda pública e fomento do alugamento e pola creación dun consorcio que aglutine as competencias do transporte público.
-
Comeza unha nova edición do programa Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña Verónica Bolón. O programa ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as nenas.
-
Catro autoridades policiais, dúas axencias fronteirizas, unha academia de policía, empresas e institutos de investigación expertos no ámbito do Patrimonio Cultural e a tecnoloxía sobre sistemas integrados de telecomunicacións e protocolos de seguridade informática.
-
Gadis leva máis de 20 anos enriquecendo Alimentes, programa educativo para fomentar a alimentación saudable, a actividade física, o consumo responsable e evitar o desperdicio alimentario desde a infancia, e que retoma as visitas presenciais en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Barbanza, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca e Valladolid.
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
-
Un equipo composto por 15 institucións de sete países europeos, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, unirá forzas no proxecto de investigación NETTAG+. Durante os próximos tres anos, a iniciativa desenvolverá novas solucións para reducir os residuos xerados polas artes de pesca e o seu impacto na vida e os hábitats mariños. O proxecto está coordinado polo Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos (Portugal).
-
A competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial foi un máis dos millóns de eventos que a pandemia impediu celebrar durante os tres últimos anos. Recuperada a normalidade, a competición, que acada este ano a súa sexta edición, volverá encher o 21 de abril a EEI de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.
-
Unha recreación virtual de Galicia sobre unha base cartográfica, datos reais procedentes de sensores e outras fontes permitirá ás administracións e empresas realizar simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos co uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial.