Notas
-
A clave do éxito do CEMI, o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, está en reunir talento e experiencia. O equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da Universidade da Coruña e 47 da compañía pública, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos.
-
O vindeiro ano as JAI, Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, cumprirán 20 anos, dúas décadas fomentando a relación entre o mundo profesional e o universitario. A celebración deste aniversario converterá a cidade de Vigo no epicentro da automatización, a robótica e a dixitalización industrial, xa que as JAI 2024 terán lugar na mesma semana de novembro na que cidade olívica vai acoller outras dúas citas de alto nivel no eido da automatización industrial
-
O Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticose adscrito ao Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, é un dos socios do proxecto europeo Fascomet, un ambicioso traballo financiado con 1,6 millóns de euros dentro do programa Horizonte Europa, co que se tratará de avanzar no desenvolvemento dunha tecnoloxía capaz de multiplicar por dez a capacidade actual de almacenamento da información, cun custo inferior ás tecnoloxías habituais.
-
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), no que participan a Associação de Municípios para a Gestão Sustentável de Resíduos do Grande Porto e a Universidade dá Beira Interior, sobre transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.
-
A provincia de Ourense acollerá do 23 ao 25 de novembro a celebración do 23 Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Na organización da cita, liderada pola Universidade de Santiago de Compostela, participan as tres universidades públicas galegas, a do Norte de Portugal, a Delegación Rexional Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, a Xunta de Galicia, os concellos de Ourense e Celanova e a Deputación Provincial de Ourense.
-
“O emprendemento universitario vese máis cerca da economía feminista e da economía circular que doutros modelos de emprendemento tecnolóxico”. Esta é, en palabras da directora de Woman Emprende, Eva López Barrio, unha das principais conclusións que se poden extraer da semana que a USC dedicou á economía circular e que tivo como colofón a quinta edición da Feira de Emprendedoras de Compostela no Centro Sociocultural O Ensanche.
-
Vigo será a sede en 2024 do principal cumio mundial de criptografía cuántica ao ser elixida sede da 14th International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento que tras pasar por cidades como Zurich, Cambridge, Shanghai, Amsterdam ou Washington -en 2023- chegará por primeira vez a España. Será do 2 ao 6 de setembro na seda Afundación, organizado pola UVigo e o Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga.
-
O proxecto eTwinning, promovido pola Comisión Europea co obxecto de fomentar a colaboración entre centros educativos a través do uso das TIC e a promoción de metodoloxías activas e inclusivas, antóllase como unha ferramenta axeitada para potenciar a investigación e a innovación educativa, segundo subliñou Eduardo José Fuentes Abeledo na apertura das xornadas internacionais Forinnova Lite.
-
A sociedade actual enfróntase a enormes desafíos, como o quentamento global, a sobreexplotación dos recursos, a desigualdade ou a seguridade, entre outros. A innovación e o talento son claves para atopar solucións disruptivas, sostibles e tecnolóxicas a estes retos e, neste contexto é prioritario aproveitar as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías para impulsar a produtividade, aumentar as prestacións de produtos e servizos e mellorar e modernizar as xestións.
-
A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do Foro Avanza, para favorecer a empregabilidade das persoas tituladas da UDC. O Foro ten dúas partes, a primeira, máis formativa, terá lugar na Facultade de Economía e Empresa os días 24 e 25 de outubro. Desenvolveranse charlas e obradoiros relacionados coa empregabilidade.