Ir o contido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación e baixa
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

Notas

  • O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro
    Galicia pechou o mes de novembro sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 18,90 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do mes de novembro, o período medio de pago de Galicia situouse en 18,90 días.
  • O xurado do XXI Premio Aresa anuncia os catro finalistas ao galardón
    O xurado do XXI Premio Aresa reuniuse para avaliar as dezaseis candidaturas presentadas e, de seguido, dar a coñecer os nomes das catro propostas finalistas da vixésimo primeira edición do Premio Aresa: Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e a Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga de rata toupa,unha iniciativa presentada polo docente e investigador da USC Pablo Sánchez Quinteiro.
  • As estratexias de márketing móbil baseadas na localización xeran unha actitude positiva cara a compra
    Os dispositivos móbiles fan que boa parte da cidadanía permaneza conectada en todo tempo e en todo lugar, o que proporciona ás empresas novas posibilidades á hora de comunicarse cos seus potenciais clientes. O márketing móbil baséase nunha comunicación bidireccional entre o consumidor e a organización e caracterízase pola súa personalización, inmediatez, interactividade e adaptabilidade.
  • BioNanoTools, traballo desde Galicia na detección de células que xeran resistencia contra o cancro
    Nove socios de seis países europeos, entre os que se atopa o grupo BioNanoTools do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), unirán esforzos para desenvolver novas vías de traballo fronte o cancro. Baixo a denominación REAP, este proxecto pretende desenvolver un sistema de imaxe multimodal para detectar células que xeran resistencia ao tratamento contra o cancro.
  • Galicia posiciónase como territorio preferente na extensión do 5G
    As redes móbiles de quinta xeración van moito máis aló dunha evolución da tecnoloxía actual e o Goberno galego vén traballando desde 2018 no obxectivo de posicionar á Comunidade como territorio preferente na extensión das redes 5G. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na clausura do webinario, 5G, unha revolución en marcha, organizado por APD en colaboración con Vodafone.
  • Investigadores do CiQUS avanzan nunha vacina contra a COVID-19 que poida conservarse a temperatura ambiente
    O programa de micromecenado da USC ‘Sumo Valor’ a través da súa liña específica centrada na loita contra a COVID-19, financia o proxecto de vacina contra o SARS-CoV-2 que o equipo de José Martínez Costas está a desenvolver dende o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS).
  • Máis do 93% dos concellos galegos conta con sede electrónica
    O 93,4% dos concellos galegos que contan con sede electrónica. Este dato supón un crecemento superior ao 23% respecto á edición anterior desta enquisa. Así se desprende dos resultados do informe bianual “A Administración electrónica nos concellos galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que recolle datos de 2019.
  • A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre a consulta pública do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027
    A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vén de publicar na súa web o documento do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027 para a súa consulta pública. Estará accesible ata o 22 de xaneiro para que todos os axentes interesados poidan facer as súas achegas de cara á concreción dun documento final, que será aprobado no próximo plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
  • A publicidade en galego induce á compra ao 60% da xente nova, segundo unha enquisa sobre o sextor textil
    Segundo recolle o estudo de Anabel Antela 'A lingua galega no sector textil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega', publicada pola Mesa pola Normalización Lingüística co apoio da Deputación de Pontevedra, o 60,3% da xente nova afirma que o feito de que un produto estea anunciado en galego a induce á compra.
  • Os deseños do Centro Ocupacional de Vilalba, elixidos como decoración navideña en Zara Loxística
    O Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá creou un Bosque de Nadal para o comedor de Zara Loxística -pioneiro na restauración sostible mundial-. O Bosque está formado por varias árbores de madeira de pino autóctono que apostan pola produción feita en Galicia e as técnicas artesanais. Trátase dun deseño orixinal do Centro ocupacional, que tamén se encargou da súa creación e instalación na sede de Inditex en Arteixo, como parte da ambientación navideña.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
Entrar/Rexistrarse
  • Crear nova conta
  • Solicitar un novo contrasinal

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interese

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información