Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

Notas

  • O Premio Valentín Paz Andrade distingue traballos sobre a fiscalidade da enerxía eólica e a análise da vulnerabilidade de Galicia
    O xurado do IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC e o Consello Económico e Social de Galicia, deu a coñecer o seu ditame para distinguir aqueles traballos de investigación que contribúen ao mellor coñecemento da realidade económica e social de Galicia.
  • A Axencia Espacial Europea supervisará o desenvolvemento da misión espacial BIXO de UVigo SpaceLab
    A misión espacial BIXO é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea, o que supón que este equipo, composto por preto de 40 estudantes de diferentes titulacións da UVigo, vai contar co apoio de especialistas do máximo nivel durante o desenvolvemento da misión, así como con toda a experiencia e as facilidades das que dispón a axencia.
  • A Universidade da Coruña e outras oito universidades europeas constitúen o consorcio estratéxico EMERGE
    Nove universidades europeas, entre elas a Universidade da Coruña, uníronse na alianza estratéxica EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment), que sitúa á UDC nun nivel superior de calidade europea. O reitor, Julio Abalde, subscribiu o acordo de creación desta alianza nunha reunión organizada en días pasados na University of Limerick.
  • USC e UDC realizarán un estudo para o Concello da Coruña para a creación dun operador enerxético municipal
    A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta mañá un convenio coas universidades da Coruña e Santiago para a realización dun estudo sobre a viabilidade e os trámites necesarios para a creación dun operador enerxético municipal. Os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron o acordo por parte das universidades.
  • Un proxecto europeo con participación galega explora modelos de economía circular alternativos ao mercado global
    Unha visión crítica da economía circular, entendida como a incorporación de determinadas cuestións ambientais ao actual modelo económico para garantir a súa continuidade, constitúe o punto de partida de ExPliCit, un proxecto europeo do que forma parte a UVigo e que ten como obxectivo analizar como este paradigma podería aplicarse en escenarios alternativos aos dunha economía de mercado global.
  • As universidades da Coruña e Vigo desenvolven o Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC
    A Reitoría da UDC acolleu a presentación do Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC desenvolvida pola Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) de UDC e UVigo, nun acto presidido polos reitores Julio Abalde, UDC, e Manuel Reigosa, UVigo; xunto o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández; as codirectoras da Cátedra, Virginia Mato, pola UDC, e Alma Mª Gómez, pola UVigo; a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López.
  • Especialistas de distintos ámbitos avalían os avances da misión BIXO
    Garantir que a misión espacial BIXO (Bacteriological Intercommunication eXperiment in Orbit), impulsada por UVigo SpaceLab, cumpre con todos os requisitos aplicables ao desenvolvemento de proxectos espaciais europeos para poder iniciar a creación de modelos para o seu testeo e a súa posterior fabricación. Na revisión do proxecto participaron empresas de distintos sectores, entre elas tres das que patrocinan a misión.
  • Produciriamos menos lixo se o pagamos 'ao peso'?
    Un sistema de tarifas variables podería servir para que a cidadanía tome conciencia e se responsabilice dos problemas ambientais derivados dos residuos que produce? A investigación desenvolvida na USC por Álvaro Fernández Braña profunda nesta cuestión ao abordar o coñecido como ‘pay-as-you-throw’ (PAYT) —paga só polo que botas ao lixo— instaurado dende hai décadas en países da Europa Central.
  • A UVigo acollerá os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks
    A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 de decembro os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks. Organizado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers, o evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, desde unha perspectiva didáctica e práctica, e nel abordaranse temas como a Internet das cousas, robótica, impresión 3D, ciberseguridade e videoxogos.
  • Fronte á obsolescencia programada, un proxecto explora como facer sostible o dereito a reparar
    As implicacións ambientais e os prexuízos para o consumidor que supón que os electrodomésticos ou os dispositivos electrónicos sexan deseñados para que ter unha curta vida útil motivaron nos últimos anos medidas como a normativa europea que obriga ás empresas a garantir a reparación dos seus produtos por un prazo de dez anos.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información