Notas
-
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu este venres a presentación do proxecto Rentur (Rendibilidade social nas decisións de investimento do turismo post-pandémico: clave para o desenvolvemento sostible en destinos de interior). Nel, un equipo da Universidade de Vigo leva a cabo o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta innovadora para a avaliación da rendibilidade social de proxectos e produtos turísticos.
-
A Universidade de Santiago celebrou este venres no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a súa cerimonia de apertura do curso 2024-2025 para o que o reitor Antonio López marcou como grandes retos o desenvolvemento e aplicación do establecido na LOSU, a revisión da oferta e da normativa de titulacións e a posta en marcha de grandes infraestruturas.
-
Este ano cómprese unha década da posta en marcha do programa Iacobus, iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que fomenta a cooperación e intercambio de persoal docente, investigador e de administración e servizos do ámbito da educación superior galega e portuguesa. Co gallo desta conmemoración, o campus de Ourense acollerá o mércores 18 de setembro a celebración do I Congreso do Programa Iacobus.
-
O vindeiro 18 de setembro, a CEO será o punto de referencia do emprendemento galego coa celebración de Ultreia Ourense, un evento que pretende dinamizar o ecosistema emprendedor das startups da nosa rexión. Esta iniciativa forma parte de Ultreia Galicia, un ciclo de eventos que percorrerá as catro provincias galegas ao longo do mes de setembro, co obxectivo de promover a innovación e o desenvolvemento empresarial. Ourense será a primeira parada deste proxecto.
-
Ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados coa auga, dedicando especial atención á xestión empresarial e turística de recursos hídricos e termais. Con este obxectivo a UVigo celebrará do 25 ao 27 de setembro o V Congreso Internacional da Auga, que nesta ocasión leva por título A auga como recurso sostible: ciencia, empresa e benestar.
-
Foi en 1991, con case todo por crear nunha recén nacida UVigo, cando se iniciaron os trámites para a construción do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade, CACTI, pero non foi ata 1994 cando o proxecto se converteu en realidade. Dende entón pasaron 30 anos e neste tempo aquel proxecto, 'pioneiro no Sistema Universitario Galego', converteuse nun centro de referencia dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación.
-
A serie galego-portuguesa Lume atópase xa na recta final da súa rodaxe, que se vén levando a cabo en diferentes localizacións das dúas beiras do Miño. O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo durante a gravación no concello pontevedrés de Cuntis dalgunhas das últimas escenas deste thriller, para o que a produtora galega Setemedia dispón dunha subvención de máis de 240.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
-
A clasificación elaborada en 2024 polo Ránking de Shanghai, coloca a USC no intervalo 501-600 das mellores universidades a nivel mundial. A posición acadada nesta edición supón un ascenso con respecto ao ano pasado, cando a institución se situaba no chanzo 601-700. En 2024, a USC conseguem o seu máximo histórico nun dos parámetros que analizan os resultados da investigación, o número de artigos publicados en Nature e Science.
-
A educación é un dos sectores clave na revolución tecnolóxica asociada á IA. Neste sentido, o Centro de Investigación TIC da UDC está creando novas iniciativas educativas e na colaboración internacional para desenvolver currículos avanzados en IA. Francisco Bellas, profesor de programación, robótica autónoma e aprendizaxe automática en diversos graos e máster da UDC, é ademais membro do comité de expertos en educación sobre IA da Xunta.
-
Os xardíns tamén poden ser verticais: muros vexetais interiores e exteriores que reverdecen paredes maximizando o uso do ben máis escaso na cidade, o espazo. Boa proba é o proxecto 'Xardín vertical con planta viva, montable e monitorizado mediante app móbil polo usuario', desenvolvido na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, por Adolfo López Fabal, Mª Isabel Iglesias Díaz e Santiago Lamosa Quinteiro.