Notas
-
Sensogenoma22 é un proxecto de investigación no que, por primeira vez e a grande escala, ciencia e música danse a man para loitar contra diferentes enfermidades. Así, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Real Filharmonía de Galicia dan pulo a esta colaboración interdisciplinaria que ten por obxecto 'buscar as bases biolóxicas do estímulo musical' coa vontade de 'iluminar novas dianas terapéuticas'.
-
A Universidade de Vigo é unha das entidades que está a participar no estudo de viabilidade de Caramuel, a primeira misión satelital global en órbita xeoestacionaria destinada á distribución cuántica de claves, unha das principais tecnoloxías que definirán as comunicacións seguras do futuro.
-
A Coruña prepárase para recibir a montaxe da exposición internacional 'AI: More than human', un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. É unha das grandes apostas da entidade de cara a final de ano, un proxecto internacional, innovador e multidisciplinar.
-
Coa selección de 39 empresas comezou a conta atrás para a celebración da novena edición do Pont-Up-Store, que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro en Pontevedra. O comité organizador desta iniciativa, promovida polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA, escolleu entre 150 candidaturas recibidas a 39 startups galegas, que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas.
-
A Universidade de Santiago de Compostela volverá acoller en 2024 o congreso ECAI (European Conference on Artificial Intelligence). O encontro científico máis importante de Europa no ámbito da Intelixencia Artificial regresará a Santiago de Compostela por segunda vez en catro anos da man do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC).
-
Un sistema de control intelixente más rápido, óptimo e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica da EPEF do investigador CITIC da UDC Álvaro Michelena Grandío, quen vén de recibir o Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI.
-
Coa participación de 200 persoas procedentes de medio cento de países, o International Institute of Fisheries Economics and Trade (IIFET), celebra ata o vindeiro venres no Auditorio Mar de Vigo a súa vixésima conferencia, que por vez primeira na súa historia recala en España, logo da celebración da súa última edición en 2018 en Seattle.
-
Segundo o portal Universo Crowdfunding, o chamado 'financiamento participativo', as iniciativas de micromecenado que se impulsan a través da rede, recadaron o ano pasado en España preto de 220 millóns de euros. Pero a pesar do número de iniciativas, tanto empresariais como sociais, que se financian a través do crowdfunding, 'a aplicación política desta ferramenta dixital fora escasamente estudada até a data'.
-
A cidade alemá de Múnic acolleu do 5 ao 9 de xullo a celebración da Air Cargo Challenge, considerada unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa, na que participaron 26 equipos universitarios de 13 países. Entre eles por primeira vez houbo representación galega, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, UVigo Aerotech.
-
Un novo traballo publicado en Nature, no que participaron as investigadoras do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) Dolores Cortina Gil e Beatriz Fernández Domínguez, anuncia a primeira observación dun estado de materia exótica formado por só catro neutróns: o tetraneutrón. Unha das procuras continuas dende hai seis décadas en física nuclear consiste en saber se poden existir sistemas case-ligados formados unicamente por neutróns.