Notas
-
A oitava edición da Xornada Mulleres na Ciencia abordará a robótica, un tema de “plena actualidade no eido da investigación, cun notable impacto interdisciplinar, e social polo tanto”. A Xornada Mulleres na Ciencia organízase dende o ano 2015 en concordancia coa asemblea anual da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia coa vontade de abordar temas de interese e actualidade na investigación así como no que afecta á fenda de xénero na academia e a na investigación.
-
Como cada verán dende hai seis anos, o Cinbio, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, celebrará entre os días 20 e 21 de xullo o seu Annual Meeting. Esta cita, organizada polas investigadoras e investigadores de posdoutoramento do centro, ten como obxectivo reunir científicas e científicos interesados nas áreas de química, bioloxía, medicina, física, matemáticas e informática, apostando así por unha xuntanza de carácter interdisciplinario.
-
O cambio climático é un problema global que require dun conxunto de accións por parte de múltiples axentes e organismos. Non obstante, o feito de que a loita contra os seus efectos estea ligada a grandes acordos internacionais fai tamén que actores como as administracións locais vexan diluído o papel que poden xogar.
-
As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.
-
Galicia atópase á cabeza do consumo de prensa de papel, ademais de ser a comunidade que se declara máis informada no referente á actualidade política e tamén a de maior consumo de medios dixitais. Son algunhas das conclusións dunha sondaxe presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e elaborada por Metroscopia e a Fundación AXA para o foro independente Xornalismo 2030.
-
O proxecto iRead4Skills centrarase en avaliar e reducir as carencias en competencias lectoras das persoas adultas con baixo nivel de alfabetización, promovendo así o desenvolvemento das súas competencias fundamentais e transversais. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) axuntará esforzos con outras sete institucións europeas para mellorar este tipo de formación.
-
O lobo feroz xa non se agocha baixo o disfrace de avoa, agora agarda as súas vítimas escondido nas redes sociais. E é que aínda que a sociedade ten avanzado moito no eido da igualdade e da diversidade de xénero, 'as carapuchiñas do século XXI non se libran do acoso dos lobos a través das pantallas'.
-
Un dos grandes misterios en astropartículas é saber como unha partícula, na súa viaxe polo cosmos de centos de millóns de anos luz cara á Terra, pode ser acelerada cunha enerxía ata dez millóns de veces superior á que alcanzan os protóns no acelerador de partículas máis potente do mundo, o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN.
-
Con sede no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, nace a Sociedad Española de Criobiología (SECrio). Esta entidade pretende agrupar unha ampla diversidade de profesionais con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.
-
Máis de 35 empresas e 350 estudantes e persoas recén tituladas, ás que se suman moitos outras que están a pasar polas casetas sen inscribirse previamente. Así arrancou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo a II edición de EMPREGOinCAMPUS, a gran cita co emprego universitario, herdeira dos foros de emprego que se viñan organizando en distintos centros do campus de Vigo coma de Ourense, e dos organizados pola propia Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.