Notas
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
-
Un equipo composto por 15 institucións de sete países europeos, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, unirá forzas no proxecto de investigación NETTAG+. Durante os próximos tres anos, a iniciativa desenvolverá novas solucións para reducir os residuos xerados polas artes de pesca e o seu impacto na vida e os hábitats mariños. O proxecto está coordinado polo Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos (Portugal).
-
A competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial foi un máis dos millóns de eventos que a pandemia impediu celebrar durante os tres últimos anos. Recuperada a normalidade, a competición, que acada este ano a súa sexta edición, volverá encher o 21 de abril a EEI de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.
-
Unha recreación virtual de Galicia sobre unha base cartográfica, datos reais procedentes de sensores e outras fontes permitirá ás administracións e empresas realizar simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos co uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial.
-
O xurado do IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC e o Consello Económico e Social de Galicia, deu a coñecer o seu ditame para distinguir aqueles traballos de investigación que contribúen ao mellor coñecemento da realidade económica e social de Galicia.
-
A misión espacial BIXO é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea, o que supón que este equipo, composto por preto de 40 estudantes de diferentes titulacións da UVigo, vai contar co apoio de especialistas do máximo nivel durante o desenvolvemento da misión, así como con toda a experiencia e as facilidades das que dispón a axencia.
-
Nove universidades europeas, entre elas a Universidade da Coruña, uníronse na alianza estratéxica EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment), que sitúa á UDC nun nivel superior de calidade europea. O reitor, Julio Abalde, subscribiu o acordo de creación desta alianza nunha reunión organizada en días pasados na University of Limerick.
-
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta mañá un convenio coas universidades da Coruña e Santiago para a realización dun estudo sobre a viabilidade e os trámites necesarios para a creación dun operador enerxético municipal. Os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron o acordo por parte das universidades.
-
Unha visión crítica da economía circular, entendida como a incorporación de determinadas cuestións ambientais ao actual modelo económico para garantir a súa continuidade, constitúe o punto de partida de ExPliCit, un proxecto europeo do que forma parte a UVigo e que ten como obxectivo analizar como este paradigma podería aplicarse en escenarios alternativos aos dunha economía de mercado global.
-
A Reitoría da UDC acolleu a presentación do Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC desenvolvida pola Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) de UDC e UVigo, nun acto presidido polos reitores Julio Abalde, UDC, e Manuel Reigosa, UVigo; xunto o socio-director de ALDABA, Enrique Fernández; as codirectoras da Cátedra, Virginia Mato, pola UDC, e Alma Mª Gómez, pola UVigo; a directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López.