Archivo de Notas de Prensa

Buscador

Notas

Foto de nota destacada (20250303-udc.jpeg) A Xunta de Galicia e as universidades públicas galegas poñen en marcha cigus.gal, unha nova web orientada a potenciar a visibilidade internacional dos centros de investigación que integran a Rede CIGUS. Esta plataforma, accesible en galego, castelán e inglés, ofrece un percorrido detallado polo traballo dos dez centros pertencentes ás universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Foto de nota destacada (memoria-accion-uvigo.jpg) O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e un ano máis, a Universidade de Vigo volve a unirse ás reivindicacións dunha sociedade na que homes e mulleres vivan en pé de igualdade. Será no acto institucional que se celebrará no campus de Ourense o xoves 6 e no que se entregará o premio ao compromiso coa igualdade de xénero na UVigo, Uviguala.
Foto de nota destacada (lixo-mar-uvigo.jpg) Os aditivos químicos son substancias que se agregan intencionalmente durante a fabricación de plásticos para mellorar algunhas das súas propiedades, como a resistencia á calor, a flexibilidade, a durabilidade ou a transparencia. A diferencia dos polímeros virxes, que maioritariamente son inocuos, os aditivos químicos poden causar toxicidade no material plástico final. Dado que entre o 61% e o 87% do lixo mariño son plásticos, cómpre avaliar o impacto ambiental que estes aditivos teñen nas contornas acuáticas.
Foto de nota destacada (fotografia-usc.jpg) Os Encontros Fotográficos da Primavera Cultural da USC botan a andar o vindeiro 7 de marzo con Paula Quiroga Rodríguez como protagonista. A cita que terá lugar no Pazo de Montenegro, a partir das 17.00 horas, desenvolverase baixo o lema ‘Da palabra á imaxe’ e nela a fotógrafa compartirá o seu proceso de traballo, no que o estudo e a investigación lle axudan a definir a forma visual das súas imaxes. Quiroga é directora de fotografía e xornalista, especializada en documentalismo.
Foto de nota destacada (whatif-2025.jpg) E se a Alemaña nazi tivese gañado a Segunda Guerra Mundial? E se Colón non tivese chegado a América? E se Gutenberg non inventase a imprenta ou James Watt a máquina de vapor? A historia contrafactual ou historia alternativa é a historia do que non foi pero puido ser, a historia do E si…? As preguntas e a reinterpretación son as claves desta proposta de abstracción que trata de dar respostas hipotéticas a través dun exercicio reflexivo, indutivo ou dedutivo.
Foto de nota destacada (20250227-udc.jpg) O CITIC suma aliados no desenvolvemento de proxectos que busquen a aplicación da intelixencia artificial e a computación cuántica a diferentes áreas da vida cotiá. En concreto, o centro de investigación da UDC estableceu sinerxías co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para colaborar no proxecto “Algoritmos de Aprendizaxe Automática de Nova Xeración para a Análise de Rexistros Médicos do Soño (NEXT-GEN-SOMNUS)”.
Foto de nota destacada (programa-emprendemento-innovacion-udc.jpeg) AddVenture, o programa de emprendemento e innovación deseñado para axudar a emprendedores a estruturar, validar e facer crecer os seus proxectos, abre inscricións para a súa terceira edición. Esta iniciativa impulsada polo Consello Social da UDC suma o respaldo nesta nova edición do Consello Social da USC, ampliando o seu alcance e reforzando o seu compromiso coa formación práctica para graduados/as, licenciados/as, posgraduados/as e profesionais que queiran dar un impulso real á súa idea de negocio.
Foto de nota destacada (do-norte-ao-noroeste-udc.jpg) NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, organiza a partir do 26 de febreiro, o ciclo de cinema 'Do Norte ao Noroeste', unha proposta inspirada no título orixinal da obra mestra de Alfred Hitchcock North by Northwest (1959), coñecida en galego como 'Coa morte nos talóns'. O ciclo ofrece un percorrido por películas de directores de prestixio internacional que exploran o concepto do norte desde diferentes perspectivas. As proxeccións terán lugar todos os mércores, ás 19:00 horas, na Sala Cubo de NORMAL, desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril de 2025.
Foto de nota destacada (20250225-UVIGO.jpg) A contratación pública representa arredor dun 20% do Produto Interior Bruto de España, unha porcentaxe superior incluso ao considerado motor económico do país: o turismo. Conscientes deste contexto, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolleu este martes unha xornada na que se analizaron os desafíos estratéxicos aos que se enfronta este relevante sector na denominada era da 4ª Revolución Industrial e na que se reuniron tres dos máximos especialistas de España en materia de Intelixencia Artificial e contratación pública.
Foto de nota destacada (sosfood-uvigo.jpg) O 4 marzo conmemórase o Día Mundial da Obesidade e, coincidindo con esta efeméride, o proxecto SOSFood levará a Bruxelas o debate sobre a transformación do sistema alimentario. O catedrático Jesús Simal Gándara, membro do grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1) será o encargado de impartir un relatorio organizado por EuroCoop, a Cooperativa Europea de Asociacións de Consumidores, que terá lugar no Comité Económico e Social Europeo.

Archivo

2025 (69)

2024 (365)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES