Buscador
Notas

O 4 marzo conmemórase o Día Mundial da Obesidade e, coincidindo con esta efeméride, o proxecto SOSFood levará a Bruxelas o debate sobre a transformación do sistema alimentario. O catedrático Jesús Simal Gándara, membro do grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1) será o encargado de impartir un relatorio organizado por EuroCoop, a Cooperativa Europea de Asociacións de Consumidores, que terá lugar no Comité Económico e Social Europeo.

A pneumonía é unha das principais causas de morbilidade e mortalidade na infancia, sendo o seu diagnóstico preciso un elemento crucial para garantir o tratamento acaído. Segundo a Organización Mundial da Saúde, a pneumonía é responsable de aproximadamente 1,4 millóns de mortes anuais en cativada menor de cinco anos. Dous estudos liderados polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón acaban de lograr avances significativos no diagnóstico da pneumonía pediátrica.

O gran reto tecnolóxico que supón o descubrimento de exoplanetas e o desenvolvemento de novos métodos para a súa detección e análise é unha das áreas fronteira na astrofísica actual. O CITIC da UDC e o CSIC a través do Instituto de Astrofísica de Andalucíaúnense para impulsar a investigación e a innovación nesta área. Será a través da unidade 'AIRExS: Artificial Intelligence for Research on Exoplanets and Stars' da UDC.

Traballar nas tecnoloxías de comunicación 5G e máis alá para mellorar as súas prestacións é o obxectivo de EWOC (Enabling Virtualized Wireless and Optical Coexistence for 5G and Beyond), o proxecto internacional no que participa un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, que teñen como propósito principal avanzar na optimización destas redes para conseguir que sexan máis rápidas, eficientes e fáciles de usar.

O FIV de Vilalba anunciou esta mañá a programación diaria do festival que celebrará a súa 18º edición o 25 e 26 de abril. Con grupos como Shinova, León Benavente, Varrry Brava ou The Rapants como algúns dos máis esperados para dúas noites co mellor da música independente e máis actividades por desvelar. As entradas por día xa están á venda na páxina web do festival xunto aos abonos. Próximamente estará dispoñible o Abono Camping.

Baixo o título 'Ciencia e conciencia no século XXI', máis de medio centenar de investigadoras e investigadores déronse cita no Gaiás nas I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia, primeiro encontro aglutinador de talento investigador das tres universidades galegas organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, Economics and Business Administration for Society e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais.

Capitanes, unha curtametraxe ambientada no transcurso dunha intensa semifinal da Copa do Rei de fútbol, inaugurará este xoves no Teatro Colón a terceira edición do festival Norte Cinema Diverso. Coa proxección de Capitanes ás 21:00 horas, a organización únese á celebración do Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte. A curtametraxe denuncia o silencio que condiciona a vida pública dos futbolistas homosexuais.

A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, abrirá as súas portas desde mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra) coa presenza de 508 firmas expositoras, das cales 174 son expositores directos e 334 son marcas representadas. As firmas expositoras, de 26 países, supoñen un 20% máis que na pasada edición, celebrada en 2023.

O taller de Co-Creación do proxecto SUS-SOIL que se desenvolveu do Campus de Lugo é xermolo para o primeiro Laboratorio Vivo do Solo de Galicia que se centrará en analizar, inventariar e avaliar as prácticas de xestión agroecolóxica do subsolo e os usos do solo en contornas tanto rurais como urbanas. Decenas de participantes procedentes do eido agrícola, académico, industrial, así como persoas propietarias ou responsables da xestión de terras ou mesmo responsables políticos, conformaron este foro.

A reescritura da historia será o tema arredor do cal se artellará o ciclo 'Redeira literaria. Falemos de literatura' que organizan docentes do grupo de investigación e-LITE da UVigo. Os días 20 de febreiro e 6 e 13 de marzo o edificio Redeiras acollerá as disertacións de tres figuras do mundo literario: a directora de escena Ana Zamora, o novelista e investigador Borja Rodríguez Gutiérrez e o alcalde de Vigo e escritor Abel Caballero.