Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

Noticias

  • Feijóo anuncia un Plan de rescate dotado con máis de 70 millóns de euros para axudar á actividade económica de autónomos e microempresas
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe un Plan de rescate, dotado con máis de 70 millóns de euros, para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas. Durante a clausura da sétima edición da xornada El mundo que viene, organizada por APD, Feijóo trasladou a preocupación polo emprego, “que se está destruíndo de forma masiva”, e incidiu en que agora é cando a sintonía e a cooperación entre a política e a economía debe ser máis fluída que nunca. “Agora a política e a economía deben ir máis da man se cabe, porque de como respondamos a esta emerxencia sanitaria dependerá o mundo que vén”, abundou.
  • Presentada a terceira edición da Business Factory Food, aceleradora galega da alimentación
    Nesta edición da BFFood, primeira aceleradora galega da alimentación promovida pola Xunta a través do Igape, a Axencia Galega de Innovación (Gain) e XesGalicia, e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), impulsaranse ata 16 iniciativas, dez na fase de aceleración e seis na fase de consolidación, mediante programas específicos de apoio de nove e doce meses de duración, respectivamente. O prazo de presentación de propostas para esta edición remata o 11 de xaneiro do 2021. A edición presentada hoxe conta co apoio de empresas tractoras do sector como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.
  • A Xunta presentará os orzamentos para 2021 antes do mes de decembro
    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez anunciou hoxe no Parlamento que o Goberno galego presentará os Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 antes do mes de decembro. Na súa intervención na Cámara galega para expoñer as liñas xerais de funcionamento do seu departamento, o titular de Facenda e Administración Pública subliñou que a primeira prioridade da Xunta de Galicia é elaborar e aprobar as contas do vindeiro exercicio e por iso “estamos acelerando ao máximo a elaboración dos orzamentos para 2021 e faremos todo o posible para acurtar ao máximo os prazos”, sinalou.
  • Galicia urxe a alcanzar rapidamente un acordo sobre o instrumento europeo de recuperación para que se poidan mobilizar os novos fondos
    No segundo pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrado tras a irrupción da pandemia, aprobouse unha resolución urxente na que se insta alcanzar rapidamente un acordo sobre o novo instrumento de recuperación, de xeito que se poidan mobilizar con celeridade os recursos para afrontar os efectos negativos da crise e que estes poidan chegar á economía a nivel local. Esta demanda prodúcese nun momento de bloqueo nas negociacións entre o Consello e o Parlamento Europeo debido ás condicións impostas por este último para dar o seu consentimento ao acordo dos líderes europeos sobre o futuro marco financeiro plurianual.
  • A economía azul e o Pacto Verde Europeo centrarán a edición virtual do Business2Sea 2020 organizado por Galicia e Portugal
    O financiamento da economía azul e o Pacto Verde Europeo (European Green Deal) serán os eixos da edición virtual 2020 do Business2Sea, un evento internacional que se desenvolverá do 16 ao 20 de novembro e que está organizado un ano máis polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano. Esta edición do evento estaba previsto que se celebrase en Vigo pero finalmente desenvolverase en formato virtual ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá tanto conferencias relacionadas cos eixos temáticos desta edición, talleres e reunións de proxectos de investigación como as tradicionais curtas do mar e os encontros de negocio.
  • IGVS e Valedora do Pobo intercambiarán información sobre familias afectadas por execucións hipotecarias e desafiuzamentos
    O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Valedor do Pobo colaborarán un ano máis co fin de intercambiar información de forma áxil e fluída sobre as persoas afectadas en Galicia por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por impago. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a valedora Dolores Fernández, veñen de asinar un novo convenio de colaboración nesta materia co que se lle dará continuidade á liña de traballo conxunta que manteñen aberta ambos organismos desde o ano 2015. O obxectivo é dobre. Por unha banda, renovar o marco de colaboración establecido entre o IGVS e a institución parlamentaria para garantir unha mellor atención e información ás familias afectadas sobre os seus dereitos e as actuacións e medidas desenvolvidas por parte da Xunta para responder a este tipo de situacións.
  • As empresas en ERTE teñen ata o 19 de outubro para solicitar a súa pertenza á cadea de valor de actividades protexidas
    O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o modelo normalizado para que as empresas que se atopan nun expediente de regulación de emprego temporal (ERTE), con orixe na covid-19, e dependan das actividades protexidas polo último Real decreto lei do Goberno de medidas sociais en defensa do emprego, soliciten o seu recoñecemento como integrantes ou dependentes da súa cadea de valor. As entidades deben cursar a súa petición por medios electrónicos antes do 19 de outubro. De ser recoñecidas, poderán beneficiarse de exoneracións nas cotas do 85% -no caso de contar con menos de 50 traballadores- e de ata o 75% para as de maior tamaño. Poden realizar a solicitude todas aquelas empresas con expedientes de regulación temporal de emprego a causa da pandemia.
  • A Xunta habilitará un teléfono de información e asesoramento legal para afectados por casos de ocupación de vivendas
    A Xunta de Galicia habilitará un teléfono de atención ao cidadán para facilitar información e asesoramento legal aos propietarios que se vexan afectados pola ocupación das súas vivendas. Así a anunciou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o seu departamento xa contactou co Consello da Avogacía Galega co fin de establecer un protocolo de colaboración que garanta aos cidadáns unha atención personalizada e con todas as garantías en casos deste tipo. Antes de participar nunha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia, un organismo dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para favorecer o intercambio de información e propostas neste eido, Vázquez Mejuto asegurou que a Xunta está moi preocupada polo fenómeno da ocupación ilegal e como se ten agudizado na Comunidade galega.
  • Galicia pechou o mes de setembro cunha caída do paro do 0,21%
    Galicia pechou o mes de setembro cunha caída do paro do 0,21% (377 desempregados menos) e cun incremento na contratación indefinida (+33,03%) e a tempo completo (+29,74%). Ademais, Galicia, na actualidade, supera o millón de afiliacións á Seguridade Social, situándose a un nivel superior ao de hai nove anos (setembro de 2011). Con respecto á comparativa mensual do paro, a baixada rexistrada supón o mellor resultado acadado en toda a serie histórica, desde 1996, xa que ata o de agora o desemprego en Galicia a nivel mensual medraba, polo que este mes a tendencia invértese.
  • A aceleradora BFAero presenta as oportunidades do sector aeronáutico galego para captar talento e proxectos innovadores
    Tivo lugar o peche da xornada virtual Oportunidades do sector aeronáutico: Business Factory Aero organizada pola aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero) en colaboración coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade Politécnica de Madrid. A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain), Patricia Argerey, animou aos participantes a presentar os seus proxectos innovadores á terceira edición da BFAero, que pecha o vindeiro 22 de outubro, co obxectivo de converter Galicia nun referente neste ámbito e atraer talento e fomentar o emprendemento nesta cadea de valor con gran potencial de crecemento. Actualmente estanse a desenvolver doce proxectos procedentes de distintos tipos de entidades (centros tecnolóxicos, universidades, así como empresas que xeraron unha spin-out).
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • siguiente ›
  • última »
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información