Notas
-
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, avanzou en Santiago que a Consellería que dirixe buscará acordos encamiñados a garantir o futuro do sector da reparación naval en Ferrol, do que dixo “é un dos máis competitivos do mundo”.
-
• O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, trasladoulle esta e outras peticións ó Ministro Jesús Caldera, nunha reunión que tivo lugar na sede do Ministerio en Madrid. • Ricardo Varela solicitoulle ao ministro un paquete de transferencias. • O conselleiro tamén reclamou maiores dotacións en materia de Inspección de Traballo.
-
• Manuel Vázquez expresa a súa vontade de colaborar co sector empresarial promovendo un desenvolvemento sostible. • O conselleiro reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, a quen lle prometeu crear novas vías de información e asesoramento en materia medioambiental.
-
A Consellería que dirixe Alfredo Suárez Canal iniciou os contactos coas cinco Denominacións de Orixe dedicadas á produción de viño.
-
O Goberno galego insiste na firme vontade de continuar traballando para solucionar a crise da firma ferrolá pese ás dificultades de viabilidade que actualmente ten a empresa.
-
• O conselleiro de Economía reuniuse co vicepresidente económico para preparar o Consello de Política Fiscal e Financeira. • O responsable económico galego pide que se teña en conta o impacto do avellentamento da poboación sobre o gasto sanitario de Galicia. • Salienta ante Solbes a importancia de investir en I+D+i e impulsar a sociedade da información, xunto con pulo ás infraestructuras.
-
O Conselleiro do Medio Rural inicia unha rolda de contactos co sector visitando dúas explotacións leiteiras do concello coruñés da Capela.
-
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, reuniuse cos membros do comité de empresa de Unicén, que lle trasladaron a situación de quebra na que se atopa actualmente a empresa.
-
Pesca investiu 50.000 euros na realización deste programa de divulgación e desenvolvemento pesqueiro.
-
Recuerda a los consumidores el derecho de acudir a las asociaciones de consumidores cuando detecten cualquier anomalía en los productos adquiridos