Notas
-
O conselleiro Xosé Manuel Barreiro e o director de Ecoembes, Melchor Ordóñez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración. As achegas económicas aos concellos distribuiranse en función da calidade dos residuos recollidos. O 94% dos municipios están adheridos ao convenio marco de recollida selectiva, o que supón o 98 por cento da poboación galega. En 2004 reciclouse en Galicia a metade dos envases comercializados, o que sitúa a comunidade dous puntos por riba da media nacional.
-
A conselleira falou dos novos retos que debe afrontar o sector da madeira e das ferramentas habilitadas pola Administración para superalos. A mostra reuniu no recinto feiral máis de cincuenta expositores profesionais.
-
O conselleiro dou lectura ao pregón da XXV edición da Festa de Exaltación. Na subzona Ribeira do Ulla –con parroquias de oito concellos- existen actualmente cinco adegas acollidas a esta denominación e medio centenar de viticultores que producen 360.000 kg. de uvas nunha superficie de 60 hectáreas.
-
Pilar Rojo clausurou a Conferencia Internacional de Novas Tecnoloxías e Voluntariado, que contou na última xornada co director de Google España.
-
Santiso Miramontes anunciou que a Consellería que dirixe porá en marcha un sistema de control e certificación da calidade das plantas ornamentais cultivadas en Galicia.
-
Só 49 quilos de vieira ilegal foron incautados debido ao estricto control do Servizo de Gardacostas e a unha maior concienciación dos profesionais do mar.
-
Os representantes do sector galego constituíron unha comisión quebuscará solucións para compensar á subida do gasóleo.
-
O presidente da Xunta recibiu en San Caetano a representantes de cadenas de televisión de once países americanos. Amosouse confiado nos “resultados positivos” do Primeiro Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano. Apostou pola circulación bidireccional dos productos desta industria entre América e Galicia.
-
Segundo un informe do Servizo Galego de Colocación sobre a influenza da posta en marcha do Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego no paro rexistrado.
-
- Así o anunciou o titular do Goberno galego, durante a inauguración da empresa Frigoamegrove S.L., que a Xunta subvenciona con máis de 1.815.000 €. - No período 1999-2003 as axudas ascenderon a 119 millóns de euros, o que posibilitou que a industria conserveira vise incrementada a súa capacidade produtiva nun 90% - No ano 2003, o volume de vendas dos sectores conserveiro e conxelador superou os 2.600 millóns de euros, xerando 11.000 postos de traballo - Manuel Fraga asegura que a Comunidade galega está chamada a converterse “no centro europeo por excelencia de manipulación de peixe e marisco”