Notas
-
O conselleiro de Sanidade asinou o acordo establecido entre o Sergas e todas as Centrais Sindicais sobre carreira profesional que afecta a máis de 5.000 profesionais. O texto asinado incidirá directa e positivamente na mellora do servizo público e da atención ó cidadán ademais de situar ós médicos galegos entre os mellor retribuidos por este concepto a nivel estatal. O proxecto de Decreto da Administración sanitaria galega permitirá o acceso á carreira profesional en xullo deste mesmo ano para os facultativos e licenciados sanitarios con praza fixa adiantándose á maioría de servizos de saúde estatais.
-
O conselleiro destaca que a Xunta é a única administración española capaz de pechar as estatísticas dos buques e da pesca nuns poucos meses.
-
En colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense levaranse a cabo actuacións de información, formación profesional e orientación e práctica laboral. A conselleira asinou a resolución pola que se autoriza o financiamento desta iniciativa.
-
O Diario Oficial de Galicia publica o martes, 5 de abril de 2005 as seguintes disposicións:
-
• Los afectados por el intento de absorción de la empresa de Internet consideran que existe un supuesto delito de estafa y societario.
-
Belén Prado asinou un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense e coa Asociación Galega da Empresa Familiar. O evento celebrarase o vindeiro 21 de abril.
-
- 35 persoas participan nesta actividade promovida pola Consellería de Medio Ambiente e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia - O obxectivo é formar a futuros profesionais do Servizo contra Incendios Forestais da Xunta ou dos servizos doutras Comunidades autónomas
-
A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural inicia no mes de abril un total de 110 cursos de formación agraria dirixidos polo Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, dependente desta Consellería, de acordo coas necesidades detectadas e a demanda da poboación rural.
-
A suba interanual sitúase no 2,52 por cento. Este aumento de afiliados en marzo tivo o seu reflexo en todas as provincias.
-
- Segundo o informe do paro rexistrado, a taxa de paro do pasado marzo foi a mellor rexistrada nese mes nos últimos dez anos - Experimentouse tamén un descenso con respecto ao mes anterior de 902 desempregados - O paro reduciuse no sector Servicios en 1.321 persoas na Comunidade Autónoma no pasado mes