Noticias
-
O Programa Ignicia selecciona nove proxectos de investigación para impulsar a súa chegada ao mercadoUn total de nove proxectos veñen de acceder á fase de maduración da convocatoria do programa Ignicia, desenvolvido pola Xunta e a Fundación Barrié. O obxectivo é a valorización da ciencia excelente feita en Galicia e a transformación dos resultados da investigación en tecnoloxías e produtos que poidan chegar ao mercado para dar resposta aos retos da sociedade, á vez que se xeran retornos económicos. Nos vindeiros meses estes proxectos traballarán cos expertos do programa na concreción do plan de desenvolvemento e comercialización para garantir a súa chegada ao mercado. Os proxectos que superen esta etapa serán propostos a investimento e poderán acceder a un financiamento do 100% dos custos.
-
RuralYouthFuture enfocarase desde seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder ás necesidades da xuventude nos territorios rurais, os cales están experimentando un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.
-
A porcentaxe de fogares galegos con Internet acadou en 2022 o 92,7%, que supón un crecemento dun 0,5% respecto ao ano anterior. En termos absolutos, 874.806 fogares galegos onde reside algunha persoa de 16 a 74 anos ten contratado Internet, o que representa un incremento de 47.554 fogares nos últimos catro anos. A porcentaxe de fogares con velocidade de conexión a Internet contratada superior a 100 Mbps experimentou un forte incremento no último ano, e situouse no 45,4%, fronte ao 30% que rexistraba no ano 2021, o que supón un crecemento do 51,3%.
-
O 61% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 45 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela. A Universidade de Vigo, pola súa banda, é a segunda con máis presenza con 37 premios, mentres que 21 pertencen á Universidade da Coruña. Ademais, os mellores expedientes distribúense entre 60 titulacións nos diferentes campus. Deste xeito, por número de recoñecementos destacan a titulación en Medicina, da Universidade de Santiago de Compostela, con catro persoas premiadas, e os graos en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermaría e de Educación Infantil, todas da Universidade de Vigo, con tres persoas premiadas cada unha.
-
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de adxudicar en primeira convocatoria o 83% das prazas ofertadas en ciclos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2023-24 tanto de grao medio como superior. A lista definitiva desta primeira adxudicación está publicada no Portal Educativo. Agora, as persoas que resultaron seleccionadas nesta primeira fase dispoñen de prazo desde hoxe ata o próximo luns día 24 para efectuar a matrícula no ciclo correspondente. Una vez rematado o período, e seguindo o mesmo procedemento, a Consellería efectuará unha segunda (do 27 ao 31 de xullo) e terceira (do 1 ao 6 de setembro) adxudicación e matriculación para as prazas que continúen vacantes. Unha vez rematadas estas tres fases, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, trasladou hoxe ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, a preocupación de Galicia ante a forte deriva medioambientalista da Comisión Europea que se reflicte en restricións á actividade pesqueira como o veto á pesca de fondo decretado o ano pasado en 87 zonas de augas comunitarias e os seus plans para restrinxir máis a pesca de arrastre. Nesta liña, o titular de Mar defendeu a necesidade de que Bruxelas teña en conta a realidade das rexións pesqueiras á hora de lexislar e de tomar decisións que afectan á actividade da frota baseándose en estudos serios e rigorosos.
-
A robótica é unha disciplina transversal que está a espertar o interese das empresas e que presenta múltiples aplicacións para facilitar os traballos e mellorar a produtividade do sector primario e, nun senso máis amplio, no medio rural. A directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, Rosa Romero, fixo estas declaracións na apertura dunhas xornadas sobre Agro-Robótica, unha sesión na que o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e o deputado provincial delegado da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, salientaron 'o acerto e o interese estratéxico que supuxo a implantación do grao en Robótica, cunha mención de especialización en Agro-Robótica, na sede universitaria luguesa'.
-
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, inaugurou hoxe un obradoiro sobre equidade de xénero e inclusión organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa finalidade de dar a coñecer as iniciativas desenvolvidas neste ámbito, moi especialmente, a importancia da perspectiva de xénero na investigación. Na súa intervención, Vázquez destacou que o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 conta co maior orzamento da súa historia (44,7 millóns de euros), co obxectivo de “lograr un sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”.
-
A Xunta de Galicia acaba de ser recoñecida como parte coadxuvante no recurso presentado pola OPP burelense contra o veto á pesca de fondo decretado o ano pasado pola Comisión Europea en 87 zonas de augas comunitarias. O Tribunal Xeral da Unión Europea emitiu o pasado venres unha resolución na que admite a intervención do Executivo galego no procedemento ao recoñecer que esta prohibición impacta nos intereses da comunidade autónoma. Esta decisión do tribunal europeo supón un fito moi importante posto que poucas peticións deste tipo -presentadas polas rexións europeas- prosperan, e implica que a Administración galega poida participar activamente no proceso.
-
A Xunta acaba de recibir unha nova relación de vivendas dispoñibles en Galicia propiedade da Sareb na que a entidade financeira reduce agora a só 187 os inmobles que están actualmente en comercialización na Comunidade e reúnen as condicións necesarias para o seu uso. Esta nova comunicación prodúcese a raíz da reunión mantida a finais de xuño entre o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e representantes da Sareb, un encontro durante o cal o responsable autonómico volveu demandar concreción sobre o parque residencial do que dispón actualmente en Galicia e información detallada sobre a situación particular de cada inmoble.