Noticias
-
O proxecto europeo Down to Earth, do que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é o socio líder, e no que están presentes entidades públicas e privadas de Eslovenia, Italia, Alemaña, Grecia, Países Baixos e Romanía, busca xestionar os problemas ambientais vencellados ao cambio climático en áreas rurais especialmente sensibles ao reto demográfico. As distintas entidades que participan, contan con competencias e responsabilidades, tanto directas como indirectas, sobre as cuestións nas que traballan. A procura de solucións para reducir o risco e o impacto das catástrofes medioambientais no rural despoboado e atraer poboación a aquel que estea ameazado por ditos desastres, son os seus obxectivos.
-
Os clientes do comercio galego de proximidade poderán descargar e empregar desde este luns 9 de outubro o Bono Activa Comercio, ao que a Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 2,5 millóns de euros co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela aos establecementos de proximidade. A iniciativa, coa que se prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, ten tamén por obxectivo contribuír a reducir o impacto da inflación das familias. Cada persoa poderá descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos, que suman xa máis de 4.000.
-
As titulacións que desexen acadar este selo, teñen que estar impartíndose de xeito interrompido como mínimo desde o curso 2018/19. Cada universidade poderá presentar un máximo de tres solicitudes antes de dous meses desde a publicación no DOG. O organismo autonómico establece oito criterios de avaliación: estratexia e resultados, currículo, deseño do proceso de ensino–aprendizaxe, profesorado, avaliación, inserción laboral, internacionalización e exposición da proposta. Cada un será valorado cun máximo de 10 puntos, agás estratexia e resultados, que puntuará ata 25 puntos; e exposición da proposta, cun máximo de 15. O selo terá unha vixencia de seis cursos académicos.
-
Está en marcha o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, posto en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para reducir ao mínimo as vítimas en accidentes e acadar o obxectivo de cero vítimas, é dicir, con 'visión cero'. Este plan, recoñecido como referencia nacional polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria, ten dúas metas fundamentais: diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías con respecto a 2019, e reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables (peóns, ciclistas ou motoristas).
-
Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,7% no segundo trimestre do ano, a niveis do ano 2012 segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes a este período publicado hoxe polo Banco de España. Galicia foi ao peche do segundo trimestre de 2023 a cuarta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB. Esta ratio é sete décimas inferior á rexistrada no primeiro trimestre do ano cando foi do 17,4%, e sitúase tamén, tres décimas por debaixo da ratio rexistrada ao peche de 2022 (17%).
-
A Consellería de Economía, Industria e Innovación conta con 3,34 millóns de euros para favorecer a implantación de tecnoloxías eficientes nas explotacións agropecuarias galegas, co que se agarda reducir os consumos polo menos un 10%. Estas axudas de concorrencia non competitiva, procedentes do Fondo Nacional de Eficiencia Energética, poden ser destinadas tanto á mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de regadío como á mellora enerxética nas explotacións.
-
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a petición propia para informar do inicio do curso 2023-24 no ensino non universitario. Na súa intervención, o responsable educativo da Xunta anunciou que a Formación Profesional marca un novo récord de alumnos ao superar por primeira vez os 64.500 estudantes. En concreto, a falta de pechar a matrícula definitivamente os vindeiros días, son 64.570. Isto representa 3.687 persoas máis que no ano pasado, cando se contabilizaron 60.883. A nova cifra supón un crecemento do 6% respecto ao curso previo e un 86% máis que no curso 2008-09, cando cursaban FP 34.746 alumnos.
-
Tiveron lugar as reunións dos comités executivos de capacidades industriais, por unha parte, e de proxectos tractores e infraestruturas, por outra, dependentes da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde para avanzar nos traballos que teñen que ver co desenvolvemento desta enerxía na Comunidade. Deste xeito, o comité encargado da área de capacidades industriais acordou promover un mapa que incluirá as instalacións que forman parte da cadea de valor do hidróxeno verde (produción, transporte, consumo e almacenaxe), así como un catálogo de subministradores, capacidades TIC e tecnolóxicas. Neste sentido, estase traballando na localización das zonas máis propicias para a implantación de proxectos vinculados ao hidróxeno verde.
-
Os presidentes galego e asturiano apostan por manter a “colaboración e unión” entre os respectivos gobernos para facer fronte a desafíos comúns como o reto demográfico, a financiación autonómica, a posta en marcha do Corredor Atlántico Noroeste ou o aumento do turismo no norte da Península. Subliñan tamén a necesidade de abordar a reforma do sistema de financiación autonómica para adaptala a indicadores de poboación como o avellentamento ou a dispersión, e apostan porque Galicia e Asturias fagan un fronte común para exixir cambios.
-
O encontro MUMI-Músicas do Minho conta con máis de 200 profesionais do sector musical acreditados. Entre a relación de participantes, destaca a concorrencia de medio centenar de responsables da programación cultural de concellos como As Pontes, Padrón, Carral, Cedeira, Póvoa do Varzim ou Matoshinhos, e da dirección de festivais como Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, PortAmérica, Minho Reggae ou Gaia World Music. No eido empresarial, tamén acudirán axencias como Esmerarte, Correveydile, La Yogurtera ou D’Orfeu Agueda; as salas Mardi Grass e A Pousada da Galiza Imaxinaria e representantes de entidades profesionais como Músicas ao Vivo ou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.