Noticias
-
A Xunta comezará en marzo a posta en funcionamento dos caixeiros e dos servizos de asistencia financeira e formación no rural. Estes servizos iranse implantando semana a semana en cada un dos 38 concellos que o solicitaron para achegar unha solución a máis de 51.000 galegas e galegos. Así o anunciou hoxe no Parlamento o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que subliñou que esta iniciativa non se limita á instalación de caixeiros, senón que busca unha presencialidade física nos concellos a través dos servizos de asistencia e formación, que deben desenvolverse de xeito presencial e con persoal da propia entidade financeira.
-
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe un encontro con representantes da hostalería para comunicarlles a decisión de retirar a obrigatoriedade de presentar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais de hostalería, tras a reunión de onte do comité clínico. Deste xeito, desde as 00,00 horas deste sábado quedará sen efecto esta medida que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizara ata esa data.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pedirá na Conferencia de Presidentes a descentralización dunha parte dos fondos Next Generation para que o Goberno central comparta coas autonomías a responsabilidade da recuperación. Así o puxo de manifesto durante a celebración da gala do 5º aniversario do Foro Empresa Pontevedra. Ao longo da súa intervención, Feijóo expuxo novamente a falta de axilidade no reparto, que fai que máis da metade dos fondos non se traduciran aínda en convocatorias; ademais de lamentar que do total dos fondos que Europa destina a España, o Goberno resérvase 7 de cada 10 euros, 'e a totalidade dos relativos á industria'.
-
O director do Igape, Fernando Guldrís, salientou os rexistros históricos que veñen de acadar as exportacións galegas, pechando o 2021 como o mellor ano desde que hai rexistros ao superar a barreira dos 25.000 millóns de euros. En concreto, as vendas ao exterior de Galicia acadaron os 25.269,6 millóns, un 21,1% máis que no 2020, e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia. 'O noso tecido empresarial demostra, unha vez máis, a súa capacidade de adaptación e de mellora, tamén en épocas complicadas. E faino superando por quinto ano consecutivo a barreira dos 20.000 millóns'.
-
O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio. Cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades, como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012.
-
Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe que o gasto extraordinario nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros, segundo un informe presentado hoxe no Consello da Xunta. No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Xunta de 901,7 M€, e os maiores reforzos centráronse en todo o referido cos gastos correntes. Foron, en concreto, 662 millóns de euros, 141 M€ máis que no ano 2020. O titular do Goberno galego tamén puxo en valor que no 2021 a Xunta aprobou uns orzamentos co triplo obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias e sectores máis afectados pola crise.
-
Galicia pechou xaneiro con 153.932 persoas sen emprego, a cifra máis baixa de paro acadada no primeiro mes do ano de toda a serie histórica (1996). A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe -na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado- que a cifra, ademais, continúa a niveis precovid-19, “afastada” do número de desempregados que había ao inicio da pandemia. De feito, neste tempo, desde febreiro de 2020, o desemprego reduciuse nun -7,40%, case duplicando o ritmo de baixada no Estado (-3,79%).
-
A candidatura presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa resultou a gañadora do XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este mércores na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da USC o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón que recibiu 13 candidaturas nesta edición. O Premio Aresa, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa conxuntamente coa USC, contempla unha dotación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa. O ditame do XXII Premio Aresa, unha decisión adoptada por unanimidade, segundo subliñou o reitor Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 en Coristanco.
-
Os establecementos extrahoteleiros galegos, que engloban aos apartamentos turísticos, os cámpings e o turismo rural, pecharon 2021 recuperando o 99% da súa demanda turística prepandemia, segundo se desprende dos datos achegados hoxe polo INE. Con preto de 588.000 viaxeiros e case 1,9 millóns de noites, demostraron ser a tipoloxía de aloxamento con mellor recuperación da súa demanda en Galicia.
-
A conselleira do Mar mantivo un encontro co representante permanente da Unión Europea na Organización Mundial de Comercio, Joao Aguiar, no que lle trasladou a preocupación de Galicia ante o impacto que poden ter no sector pesqueiro as distintas propostas da OMC e da Comisión Europea para eliminar ou reducir as bonificacións aos combustibles da frota, e entregoulle un informe que di que isto provocaría que boa parte da frota galega deixase de ser rendible.