Noticias
-
O PIB de Galicia descendeu no segundo trimestre do ano un 14,5% en taxa trimestral por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é catro puntos inferior ao rexistrado polo conxunto de España (-18,5%), tal e como xa avanzou o Instituto Nacional de Estadística (INE). O PIB galego volve rexistrar así unha mellor evolución que a media española, posto que no primeiro trimestre (afectado xa pola covid-19) a economía española baixara en taxa trimestral un 5,2%, unha caída tres décimas maior que a rexistrada polo PIB galego (4,9%).
-
Impulsar unha ducia de proxectos de emprendemento no sector mariño-marítimo é o obxectivo do proxecto europeo Sherpa do Mar, no que toma parte a USC, e que pon en marcha as denominadas Sherpa Journeys, un programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendedor co que axudar ás persoas participantes a desenvolver as súas ideas de negocio, mellorar o seu nivel de desempeño emprendedor, así como a competitividade dos propios proxectos. A convocatoria permanece aberta ata o vindeiro 15 de setembro. Baixo o paraugas de Sherpa do Mar desenvolveuse unha pormenorizada metodoloxía de apoio personalizado ao emprendedor.
-
Un total de 28 pemes galegas solicitaron as axudas do programa para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a covid-19. Esta liña de apoios que puxo en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape está dotada con 5 millóns de euros e ten como obxectivo contribuír ao incremento da prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. Con achegas que poden acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deben ter un custo igual ou superior a 100.000 euros.
-
A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte. O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).
-
Durante 2019 o número de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, integrado polos sectores tecnolóxico e de contidos, foi de 8.119, un 33,4% dos empregados no sector. Dentro do hipersector, o sector contidos é o ámbito no que as mulleres contan cunha maior representación, un 41,5%, mentres que no sector TIC a porcentaxe é do 31,1%. Desagregando o Sector TIC as actividades relacionadas coas telecomunicacións son as que contan cunha maior porcentaxe de mulleres cun 38,9%; en segundo lugar atoparíanse as empresas dedicadas ás Actividades Informáticas, cun 30,4%.
-
A Xunta defenderá na Comisión bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia a legalidade das modificacións relativas ao imposto de sucesións e doazóns e a Lei do solo que se recollían na Lei de medidas fiscais e administrativas. No imposto sobre sucesións e doazóns, o Goberno considera que o requisito fixado de que o centro principal da empresa deberá estar situado na comunidade autónoma para aplicar a redución fiscal pode contravir a normativa da U.E.
-
Las consellerías de Educación y de Economía financian con 8,1 millones de euros esta contratación, para garantizar la formación inicial de los investigadores gallegos en el Sistema Universitario de Galicia. Los contratos oscilarán entre los 22.900 y los 25.000 euros anuales por investigador en función de la modalidad, y hasta 6.000 euros más para estancias de tres meses en el extranjero y un complemento anual para gastos y seguros.
-
A Xunta de Galicia agradece a todas as partes que se sumen á proposta realizada o pasado martes polos gobernos estatal e galego para ampliar o período de consultas do ERE ata o 28 de setembro e, deste xeito, contar con seis semanas máis de prazo para que Alcoa e o grupo Liberty House pechen a operación de compra-venda en San Cibrao. Hoxe, especialmente, este agradecemento é para a comisión negociadora, que entendeu que o camiño para alcanzar unha solución que evite os despedimentos e permita continuar activas as cubas é manterse dentro da senda do diálogo.
-
O DOG ven de publicar a convocatoria das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica ás que a Xunta destina 4,5M€. Van dirixidas a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, para fomentar o autoconsumo eléctrico a través de fontes de enerxía renovable. Poderanse presentar solicitudes do 21 de setembro ao 1 de decembro pero as entidades colaboradoras —empresas con actividade de instalación de baixa tensión— teñen 15 días para solicitar a súa adhesión a este programa.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou a boa acollida do Bono Turístico, impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, ao recibir en apenas 15 días solicitudes para máis do 50% das prazas ofertadas, superando a barreira das 10.000. Esta iniciativa supón unha inxección de 5 millóns de euros nas empresas desta industria e permitirá fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e favorecer a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.