Noticias
-
O DOG publicou a orde da Consellería do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, as coñecidas como axudas da PAC. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar a solicitude única ata o vindeiro 31 de maio, accedendo directamente cun certificado dixital á aplicación informática SGA ou acudindo ás entidades colaboradoras.
-
A Xunta de Galicia regulará o uso da intelixencia artificial no sector público autonómico, de acordo cos resultados do informe elaborado polas tres universidades públicas galegas sobre o marco ético e normativo para o desenvolvemento desta tecnoloxía. O reitor da USC, Antonio López, xunto cos reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, participaron no acto de presentación do estudo xunto ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. O estudo foi presentado por persoal experto das tres entidades.
-
A Xunta expuxo ante a Comisión Marco das Nacións Unidas as estratexias que se están a desenvolver na Comunidade para cumprir os obxectivos de mitigación e promover a adaptación ao cambio climático. Cómpre salientar que a Xunta foi seleccionada para compartir a súa experiencia xunto ás comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Murcia e País Vasco ao abeiro da xornada de presentación da Oitava Comunicación Nacional e do Quinto Informe Bienal de España e dos gobernos rexionais no marco desta comisión.
-
A nova PAC, que se aplicará de 2023 a 2027, conserva os elementos esenciais da PAC anterior, pero pasa de ser unha política baseada na descrición dos requisitos que deben cumprir os beneficiarios finais das axudas a ser unha política orientada á consecución de resultados concretos. Neste senso, búscase fomentar un sector agrícola intelixente, competitivo, resiliente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria a longo prazo. Tamén se busca apoiar e reforzar a protección do ambiente, incluída a biodiversidade, e a acción polo clima e contribuír a alcanzar os obxectivos ambientais e climáticos da Unión, entre eles os compromisos contraídos en virtude do Acordo de París, e por último, fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais.
-
O Programa FSE+ Galicia 21-27 terá como obxectivo facer unha comunidade máis social e inclusiva, co emprego como eixe clave de actuación. Dos 1.017 millóns de euros asignados a Galicia, a Administración galega xestionará preto de 449 M€, mentres que o resto dos recursos estarán a cargo da Administración xeral do Estado, a través dos programas plurirrexionais. Deses 449 millóns de euros, máis de 116 millóns destinaranse a políticas de emprego, adaptabilidade, emprendemento e economía social e uns 56 M€ ao emprego xuvenil. Entre os obxectivos que se perseguen están o de impulsar a formación de ocupados e parados, a través de accións formativas de corta duración; a mellora das capacidades do sistema público de emprego e a creación de empresas innovadoras vinculadas aos Polos de emprendemento.
-
O 98% dos concellos galegos teñen acceso a servizos financeiros, fronte ao 60% da media española, o que converte a Galicia na segunda comunidade autónoma de España coa maior porcentaxe de concellos no que os veciños e veciñas teñen garantida o acceso a estes servizos. Estes datos mellorarán no novo prazo de adhesión aberto en febreiro ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a FEGAMP e dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos financeiros. Unha vez que remate esta segunda rolda, o 99% dos concellos galegos terán acceso aos servizos financeiros no seu territorio.
-
Entre as entidades están universidades, autoridades portuarias, clubes deportivos, organizacións sindicais e empresas. Todas elas protagonizarán proximamente un encontro para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2. A adhesión supón asumir unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento de sistemas de enerxía de baixas emisións.
-
O Sistema Universitario de Galicia (SUG) contará a partir do vindeiro curso 2023-2024 cun modelo de graos e másteres duais pioneiro en España, nos que o alumnado combinará a súa formación nas tres universidades públicas cun contrato laboral regrado e remunerado nunha empresa. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, realizaba esta confirmación este venres no transcurso da xornada Formación Dual universitaria: unha aposta de futuro para estudantes e empresas, celebrada na Cidade da Cultura, e na que participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa e da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde.
-
O Observatorio do Sector Lácteo ten entre as súas funcións a de analizar a situación deste eido e as diferentes problemáticas que o afectan, así como a de recompilar datos técnicos e económicos das explotacións de vacún de leite. Tamén a de elaborar un sistema de información e os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo, como a situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado, os resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e os prezos pagados e percibidos polos produtores.
-
A UVigo e o centro de investigación atlanTTic son dous dos socios do proxecto EDIH DATAlife, o único Hub de Innovación Dixital galego que recibe apoio económico da Comisión Europea. Unha vez acadado este selo de excelencia, o proxecto botou a andar a comezos de ano cunha duración de tres anos. Coa participación de 15 socios, o obxectivo común é acelerar a dixitalización e aplicar intelixencia artificial e big data nas empresas, fundamentalmente pemes, que desenvolven a súa actividade nalgunha das catro cadeas de valor estratéxicas de Galicia e de DATAlife: agro-mar alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e saúde-coidados.