Noticias
-
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia presentará un proxecto tractor 'forte, sólido e potente' ao Perte Agroalimentario enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea. Así o deu a coñecer o titular do Goberno galego na participación no Foro Next Generation Galicia do Perte Agroalimentario, no que estiveron presentes tamén o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro do Medio Rural, José González; e tamén asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Precisamente, Rueda lamentou que o sector da conserveira quedase fóra destas convocatorias e garantiu que o Goberno galego seguirá reclamando que se lle dea cabida.
-
O talento, unha maior cooperación entre empresas para acadar máis capacidade de investimento privado e a sustentabilidade como oportunidade e elemento diferenciador son tres dos grandes retos da industria aeronáutica e aeroespacial segundo o informe de análise económica do sector e o seu sistema de valor elaborado no marco do Observatorio Galego da Industria Aeroespacial. O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) foi escenario do V Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial promovido pola Xunta de Galicia e o Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG) que dá continuidade á xornada monográfica sobre o Polo Aeroespacial de Galicia celebrada onte no mesmo emprazamento.
-
O Goberno galego creará un consello empresarial para coordinar actuacións pola vía da colaboración público-privada. Este consello, que contará con empresas galegas, reunirase periodicamente e revisará os avances, axudando á toma de decisións. A Xunta confía en que o tecido empresarial, xunto cos centros tecnolóxicos e de investigación, sexa capaz, a través do Polo Aeroespacial de Galicia, de incrementar a súa participación en convocatorias de I+D nacionais e internacionais, en programas aeroespaciais e na venda da súa tecnoloxía noutros mercados, apuntando que a Administración autonómica traballará man a man coas empresas para lograr estes obxectivos.
-
A investigadora do CITIC (Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones), Thais Pousada, lidera o proxecto desenvolvido polo doutorando Manuel Lagos, que busca favorecer a rehabilitación das persoas con discapacidade mediante o uso de escenarios virtuais que permiten a realización de diversas actividades da vida cotiá como cortar un anaco de carne ou abrir a billa para encher una xerra.
-
Nacida co obxectivo de impulsar o comercio internacional das cooperativas e pequenas empresas agroalimentarias galegas, a iniciativa europea -pilotada na comunidade pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentaria (Agaca) co apoio da Xunta de Galicia- chegou a 30 entidades, que participaron nalgunha das actividades do proxecto, e permitiu posicionar máis de 50 produtos en tres plataformas dixitais de vendas (marketplaces).
-
A Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León exixen ao Goberno de España que lles proporcione información sobre a afección que o contrato fallido de Renfe terá sobre a renovación da frota de trens de ancho métrico que operan en ambas as dúas comunidades. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez Mourelle, e a conselleira de Mobilidade e Transformación Dixital de Castela e León, María González Corral, dirixíronse hoxe á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, para trasladarlle a súa preocupación ante a gravidade das novas relacionadas co retraso que suporá o erro do Ministerio na licitación para o subministro de trens de ancho métrico e alpinos.
-
A Xunta pon en marcha o Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros para promover ata nove medidas artelladas en tres eixes estratéxicos: eliminar a fenda dixital, promover as competencias dixitais dos profesionais e impulsar as vocacións e o talento dixital avanzado en Galicia. O plan marca unha serie de obxectivos intermedios para 2025 como que o 70% das persoas conten competencias dixitais básicas, das que cando menos o 50% serán mulleres.
-
Galicia mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. Por outra banda, este ano avanzouse na desestacionalización do sector, conseguindo cifras nunca acadadas. Así, explicou que o 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
-
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe o pleno do Consello Galego de Pesca no que se analizou o anteproxecto de Lei de ordenación do litoral de Galicia e as súas implicacións para o complexo mar-industria da comunidade. A titular de Mar salientou que esta normativa pretende dar seguridade xurídica ás empresas e velar polos investimentos que realizaron nos últimos anos así como polos que acometan no futuro para impulsar a súa actividade.
-
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social destacando a “boa evolución” do mercado de traballo de Galicia que no último ano (comparativa entre xaneiro de 2023 e xaneiro de 2022) rexistrou unha caída do desemprego do -5,77% (-8.884 persoas). A cifra actual de paro, 145.048 persoas, é a máis baixa contabilizada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica (1996).