Noticias
-
A Xunta reunirá ao Consello Galego de Pesca en próximos días para analizar polo miúdo co sector pesqueiro o ditame encargado polo Goberno galego á Fundación MarInnleg sobre o paquete de políticas marítimas presentado esta semana pola Comisión Europea e que inclúe o veto á pesca de arrastre nun terzo das augas dos Estados membros no 2024 e en todas as áreas mariñas protexidas da UE -un 30 % das augas comunitarias- en 2030.
-
Bo momento o que vive o sector lácteo galego, especialmente no que atinxe á constante subida dos prezos pagados aos gandeiros polo seu produto nos últimos meses e que levou a rexistrar máximos de facturación pola venda de leite. O sector acadou en 2022 un récord de facturación ao alcanzar os 1.306 millóns de euros, un 35,2% máis que no 2021. Galicia é líder nacional en produción de leite (concentra o 41% do total de España) e está entre as dez principais rexións produtoras de toda Europa. Un informe avaliado hoxe no Consello indica que o prezo que se lle paga aos gandeiros polo leite leva 18 meses consecutivos de incremento.
-
A Xunta ten mobilizados o 100 %” dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), mentres que ten que recibir aínda 144 dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. Dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M€- xa teñen publicadas a súa convocatoria, e foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións. Dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados.
-
A difusión entre empresas e profesionais de Galicia dos últimos avances en tecnoloxías intelixentes, neurotecnoloxía, estratexia empresarial, deseño ou marketing dixital, centrará nos próximos meses a actividade do Centro GaiásTech na Cidade da Cultura de Galicia. Este centro, que depende da AMTEGA, enmarca a súa actividade no eixo transversal da Estratexia Galicia Dixital 2030, para a especialización tecnolóxica na nosa Comunidade, así como nos eixos 1 e 3, cos obxectivos de avanzar nunha sociedade dixital e inclusiva e nunha economía dixital e sostible.
-
Galicia reclama ao Ministerio os 40,6 M€ pendentes dos fondos europeos en materia de vivenda de 2022A Xunta de Galicia comunicou esta semana ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o cumprimento dos obxectivos previstos para 2022 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, polo que solicita o pago á comunidade dos 40,6 millóns de euros pendentes dos fondos europeos en materia de vivenda de 2022 e destinados a financiar as axudas convocadas.
-
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Nordés Club Empresarial para analizar a situación do tecido empresarial galego no marco do clima de diálogo constante que a Xunta está tendo coas diferentes asociacións, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades de pemes e autónomos para poder dar unha mellor resposta desde a Administración. Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, incidiu na necesidade da colaboración público-privada para o impulso da actividade económica e industrial, e lembrou que a Xunta está traballando na axenda industrial da Galicia do ano 2030, na que A Coruña está chamada a ter un peso importante.
-
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e do bufete de avogados J&A Garrigues co obxectivo de afondar na estratexia de defensa dos intereses da frota galega ante o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 áreas de augas comunitarias.
-
Tivo lugar o acto de promoción internacional de Mindtech 2023, que se celebrará en Vigo do 20 ao 23 de xuño, é o espazo idóneo para xerar sinerxías entre empresas tractoras e startups da industria, sinalando así mesmo que vai na liña da Axenda Startups. Nesta terceira edición de Mindtech van estar moi presentes os retos da innovación, a dixitalización, a transición enerxética e a sustentabilidade, resaltando que neste encontro vai quedar de manifesto o esforzo e a capacidade coa que a industria galega lles está dando resposta.
-
Galicia bate o seu récord histórico de exportacións e alcanza por primeira vez os preto de 30.000 M€Galicia logrou en 2022 un novo rexistro histórico en exportacións, achegándose por primeira vez aos 30.000 millóns de euros (en concreto, 29.886 millóns). Isto supón 4.600 millóns de euros máis e un 18,3% máis de vendas ao exterior que no 2021, que tiña o mellor rexistro ata o de agora. Por sectores destacan os incrementos en industrias clave para Galicia como o sector téxtil, cun +21,1% en vendas ao exterior que en 2021; a industria química, cun +47,3%; as máquinas e aparellos mecánicos, cun +45,4%; ou a metalurxia, cun +16,5%. Por países rexistráronse importantes subas nas vendas a Países Baixos (+86%); Alemaña (+30,9%); Portugal (+27,4%); ou Bélxica (+25,7%); EEUU (+21,2%); México (+48,4%) ou Oriente Medio (+52,5%).
-
Santiago de Compostela foi o punto de partida dos percorridos das catro foodtrucks, unhas rutas que coinciden con outros tantos Camiños de Santiago e nas que visitarán distintas localidades galegas para despois poñer rumbo a outras comunidades. Os seus destinos finais serán Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia. Os catro vehículos percorrerán case 6.400 quilómetros deses máis de 250 municipios que suman arredor de 13 millóns de habitantes.