Noticias
-
Galicia pechou novembro coa cifra de paro (142.758) máis baixa de toda a serie histórica neste mes, no que baixou o desemprego tanto na evolución anual como mensual e aumentaron as afiliacións con respecto a hai un ano. Con respecto a novembro de 2021, o paro caeu nun 6,54% , descendendo en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e sete grandes cidades. En canto ás actividades económicas, liderou a baixada o sector primario (-13,33%) seguido da industria (-12,05%), a construción (-7,70%) e os servizos (-5,61%). O paro tamén caeu nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo: entre os menores de 30 anos (-11,16%), parados de longa duración (-10,05%) e mulleres (-6,70%).
-
O presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a xestión de Galicia dos fondos europeos Next Generation e instou agora ao Goberno central a axilizar o reparto dos mesmos para que a Comunidade galega non perda esta 'enorme oportunidade histórica'. 'É un tren importante que non podemos deixar pasar e aínda estamos a tempo, porque do contrario ímonos arrepentir moitísimo', advertiu Rueda na súa intervención na clausura do Foro Next Generation, organizado por El Economista en Santiago de Compostela, na que admitiu a 'preocupación' porque estes investimentos non está a chegar.
-
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia a para expoñer as principais liñas de acción da folla de ruta do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026, onde destacou que a Comunidade xa conseguiu liderar a nivel europeo a I+D en tecnoloxías de sistemas non tripulados, atraendo a cinco empresas de referencia como son Airbus, Babcock, Telespazio, Boeing e Indra. O obxectivo é transformar ese liderado en pegada industrial nesta iniciativa de territorio que xa concentra en diferentes municipios galegos a 70 empresas e centros de coñecemento de toda a cadea de valor dos sistemas non tripulados.
-
A campaña 'Galicia sabe aMar' percorrerá 200 municipios de España relacionados co Camiño de SantiagoA conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a importancia de desenvolver iniciativas para difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira. Nesta liña, puxo como exemplo a campaña Galicia sabe aMar, que o Goberno galego puxo en marcha para promover o consumo e a venda de peixe e marisco e poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen ao subministro de alimentos de calidade á cidadanía. Esta iniciativa, informou a conselleira, percorrerá 200 municipios de España relacionados co Camiño de Santiago nos que se realizarán 1.500 degustacións.
-
Tivo lugar en Santiago de Compostela unha reunión previa para a constitución da Alianza industrial do hidróxeno verde, para sentar as bases para que Galicia poida mobilizar toda a capacidade instalada arredor do hidróxeno verde co obxectivo de impulsar a cadea de valor e xerar pegada industrial. Na reunión, ademais da Xunta, estiveron representantes da Asociación Galega do Hidróxeno, as autoridades portuarias da Coruña, Vigo e Ferrol, Atiga, Cluergal, Asime, Ceaga, Aclunaga, o Clúster da Función Loxística e as tres universidades públicas.
-
Galicia recibiu onte un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos. Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.
-
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Bruxelas na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se abordou o programa de traballo da comisión NAT para 2023. Conforme ao recollido nas prioridades políticas do actual mandato do CdR 2020-2025 e o programa de traballo da Comisión Europea para 2023, NAT terá como máxima prioridade traballar para que as rexións e municipios europeos estean mellor preparados para afrontar as diferentes crises, mediante un enfoque europeo coherente, integrado e local.
-
Na nova edición desta iniciativacolaboran, xunto coa Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico Galego, e Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. O responsable de Economía, Industria e Innovación da Administración autonómica sinalou que o seu apoio, xunto co dos tres novos socios tecnolóxicos e o que seguen prestando outras compañías de referencia no sector implicadas no proxecto, como Indra e Boeing, é vital para que a Business Factory Aero sexa a canteira de proxectos, empresas e startups que van marcar o futuro desta industria en Galicia e a súa proxección internacional.
-
Esta Estratexia introduce diversas novidades importantes que se van sumar as xa implantadas pola Xunta, tales como a implantación dun novo programa asistencial de seguimento para as persoas que finalizan un tratamento oncolóxico, é dicir, ter moita conta dos longos superviventes; a creación dunha rede colaborativa con atención primaria e outras especialidades para a formación en determinadas patoloxías oncolóxicas; sobre todo aquelas que requiran un diagnóstico precoz ou nas que a sospeita diagnóstica sexa complexa; ou o deseño de algoritmos que permitan identificar os factores de risco das distintas enfermidades oncolóxicas.
-
O presidente da Xunta informou de que o Consello avaliou as prioridades do Goberno galego de cara á modificación da planificación da rede de transporte eléctrica da Comunidade, proxectos que a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, se comprometeu a estudar, tras a reunión mantida a semana pasada co presidente galego. A Xunta vai enviar 'de inmediato' un documento coas modificacións que necesarias na rede eléctrica, 'agardando que sexan tidas en conta e se fagan as actuacións necesarias para facelas realidade'.