Noticias
-
O ano 2020 deixou en Galicia rexistros históricos en canto á redución do ruído ambiental. As medidas adoptadas fronte á covid durante o estado de alarma tiveron un impacto directo sobre a contaminación acústica ata o punto de que nas estacións máis representativas da Rede de ruído acadáronse valores con diminucións de ata un 50% respecto ao ano anterior. Esta é a principal conclusión do informe anual sobre a situación acústica en Galicia durante 2020 e que acaba de facerse público, coincidindo co Día internacional da concienciación sobre o ruído.
-
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, criticou hoxe a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denunciou que Galicia tería que recibir 660 millóns de euros máis dos que leva percibidos. E neste sentido, pediu o apoio de todos os grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos vinculados ao Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia “se corrixa esta discriminación a Galicia”.
-
Galicia recupera en febreiro os resultados positivos das súas vendas no exterior que foi acadando nos últimos meses do pasado ano, ao tempo que se incrementa o número das empresas da Comunidade con presenza nos mercados internacionais. Como mostran os últimos datos dispoñibles, as exportacións de febreiro remontan a caída experimentada en xaneiro, cunha suba do 1,4% con respecto ao mesmo mes de 2020, e as empresas galegas que venden produtos fóra ascenden a 3509, o que indica un incremento do 11,4%.
-
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe da Consellería do Mar sobre o seguimento e avaliación da actividade dos oito grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras entre os anos 2016 e 2020. Este documento reflicte que os proxectos desenvolvidos por estes grupos en Galicia supuxeron unha actividade socioeconómica que permitiu xerar 2.900 empregos directos e indirectos a tempo completo no conxunto da economía galega e supuxo unha contribución ao Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) de máis de 137 millóns de euros, o que representa un 0,22% do total.
-
Sae á luz unha nova edición do catálogo Films from Galicia nunha edición dixital interactiva que recolle 63 producións e proxectos de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e foros internacionais do sector e cos axentes de vendas e distribuidores como principais destinatarios. Publicada en inglés, a selección de obras das que se ofrece información complementa o vídeo do mesmo título, que foi estreado durante a cerimonia de entrega dos XIX Premios Mestre Mateo e que terá unha versión de duración reducida para ser proxectada nas salas de exhibición cinematográfica de titularidade galega.
-
Reuniuse o grupo de traballo sobre o brexit creado no marco do Consello Galego de Pesca e no que se definiron as liñas de traballo máis inmediatas na defensa do sector unha vez que o Reino Unido abandonou a Unión Europea. A primeira delas será a elaboración dun informe sobre o impacto económico da posible perda de intercambios de cota cos países máis afectados neste acordo pola entrega do 25% das posibilidades de pesca europeas ao Reino Unido a cambio do acceso a augas británicas durante só cinco anos e medio.
-
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, anunciou na Comisión 7ª do Parlamento que a partir do vindeiro verán poderá atoparse no mercado produto amparado co selo da Artesanía alimentaria. Isto suporá diferentes vantaxes para os produtores, como un aval que garantirá a calidade das súas producións ou beneficiarse de campañas de promoción. O responsable da Agacal sinalou que a regulación da Artesanía alimentaria vai abrir novas oportunidades ás empresas agroalimentarias galegas, como tamén o vai facer a futura lei de calidade alimentaria galega.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dun novo programa financeiro, que estará dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19. En concreto, a liña de transformación incidirá, dixo, no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a activación este ano de distintas Ofertas de Emprego Público para ofertar máis de 4.300 prazas, das que 1.215 serán do eido sanitario, 1.491 pertencerán á Administración xeral e 1.604 á educación. Máis polo miúdo, Feijóo detallou que, no eido sanitario, aprobouse o decreto de convocatoria que volverá a esgotar a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado (110%). 'Queremos emprego estable, diminuír a concatenación de contratos e dar un maior emprego con vocación de permanencia porque melloramos o servizo público, por tanto, nos gustaría sacar mais prazas, pero sacamos as que estamos habilitados para sacar', incidiu.
-
Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro do -2,43%, o que a sitúa como a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o desemprego con respecto ao mes de febreiro. De feito, o descenso rexistrado é maior á caída da media do Estado (-1,48%), con case un punto de diferencia. Esta redución supón, ademais, a maior da serie histórica (1996), tal e como destacou hoxe en Santiago de Compostela a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado. Os datos do paro no mes de marzo, segundo valorou Lado, reflicten que Galicia continúa a resistir os efectos da pandemia sobre o mercado laboral.