Noticias
-
Galicia pechou o ano 2020 cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,2 puntos, mantendo así o máximo da serie histórica, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia subiu case un punto con respecto ao terceiro trimestre do ano para facer fronte ás necesidades extraordinarias derivadas da pandemia, e situouse no 19,9% ao peche do cuarto trimestre.
-
Profundar no coñecemento da reprogramación metabólica das células tumorais é a base do novo descubrimento do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. O grupo liderado por Román Pérez Fernández, acaba de desvelar que a proteína POU1F1, a través da regulación de LDHA, é capaz de modificar o fenotipo das células cancerosas e favorecer a progresión tumoral e a metástase. O achado, que abre a porta a novas e esperanzadoras estratexias terapéuticas no cancro, acaba de publicarse na revista Oncogene.
-
O proxecto Xestal contribúe a optimizar procesos clave na xestión dos recursos forestais a través dunha solución tecnolóxica baseada na automatización de toma de datos a través de novas tecnoloxías embarcadas en vehículos non tripulados. Esta solución tecnolóxica, dirixida fundamentalmente a enxeñarías medioambientais e xestores forestais, reducirá custos respectos dos métodos de actuais, dispor de información actualizada e de valor engadido para mellorar a tomar de decisións, o control e a execución das actuacións dos plans de ordenación forestal.
-
A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, informou hoxe, no Parlamento de Galicia, que Galicia dispón de técnicas PCR para a determinación indirecta das novas variantes e de capacidade de secuenciación xenómica. Destacou, tamén, a directora xeral, a actividade realizada no marco do rexistro de viaxeiros da Xunta de Galicia que, en función da incidencia acumulada do pais ou da comunidade de orixe, se realizan distintas abordaxes epidemiolóxicas, incluída a realización de PCR a viaxeiros procedentes de zonas de alta incidencia.
-
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves o I Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2021. Nel destácase que o impacto da crise na economía galega foi “significativamente menos intenso” que no conxunto do estado. “Galicia resiste mellor o envite da crise que o conxunto do estado. A estrutura económica e produtiva da nosa comunidade, cun peso menor do turismo e a hostalaría e maior do agroalimentario, contribuíron a iso”, indican desde a entidade.
-
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participa no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, ao que asiste en representación das comunidades autónomas españolas xunto ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e no que demandou a mellora das propostas de cotas realizadas pola Comisión Europea nas principais especies da frota galega en augas compartidas co Reino Unido. O Executivo comunitario fixo unha proposta provisional de Totais Admisibles de Capturas e cotas que suporía establecer ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das posibilidades de pesca recomendadas polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM).
-
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 143º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR). Entre os oito ditames de opinión aprobados, destacan de interese para Galicia o Novo enfoque para a Estratexia Marítima Atlántica -Plan de Acción Atlántico 2.0- e o regulamento relativo á Reserva de Adaptación ao Brexit. Sobre este regulamento, Galicia presentou varias emendas co obxectivo de que se establezan novos criterios de reparto que dean cobertura aos prexuízos directos e indirectos ocasionados en materia de pesca tras a saída do Reino Unido.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas cos horarios e aforos da hostalería, así como ás relacionadas coas reunións de non conviventes. Logo de precisar que, todas as decisións acordadas polo comité clínico estrarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo e serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa, Feijóo aseverou que a prudencia seguirá guiando o proceso de apertura.
-
A Xunta prevé duplicar o número de alumnos de ESO que emprega libro dixital o próximo curso. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria de E-Dixgal para o vindeiro ano académico, na que tomou tamén parte a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. O titular do departamento educativo da Xunta explicou que a principal novidade da convocatoria para o curso 2021/2022 é a extensión do proxecto aos cursos de 3 e 4º de ESO (ata o momento só se aplica a 5º e 6º de Primaria e a 1 e 2º de ESO).
-
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta dos efectos que pode ter na pesca a saída do Reino Unido da UE e das actuacións da Xunta ante esta situación. Nesta liña a titular de Mar explicou que Galicia está a trazar unha folla de ruta a longo prazo para defender os intereses marítimo-pesqueiros ante o impacto do brexit. Este labor, especificou Rosa Quintana, estase a realizar no marco do grupo de traballo creado no Consello Galego de Pesca para tal fin e baixo dúas cuestións fundamentais, que son a unidade co sector e a rigorosidade dos argumentos da comunidade autónoma.