Noticias
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe reservar un lugar preferente ao naval na asignación dos fondos europeos de recuperación, e que España garanta a competencia en igualdade de condicións que outros países europeos, activando novas medidas de apoio. Durante o acto virtual de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, Feijóo expuxo os compromisos que se deberían selar coa industria naval, porque “o sector -recordou- necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”.
-
O Observatorio Municipal Galego fixo pública a súa última análise da situación económica-financeira dos concellos galegos e nela conclúen que “os municipios gozan, en xeral, de boa saúde e, por tanto, están en condicións de reforzar o apoio ás economías locais nestes tempos de crises”. Segundo este observatorio, iniciativa da Rede Localis, rede xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, “os indicadores amosan unha situación económica-financeira saneada, que posibilitaría non só pensar en axudas concretas para favorecer o mantemento do tecido produtivo, tan danado polas repercusións económicas e sociais da covid-19, senón en actuacións menos esixentes para as contas públicas locais".
-
Esta semana GIRL STEM conversa con Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación da Universidade da Coruña e investigadora en proxectos de Computación e Intelixencia Artificial. Esta entrevista, realizada pola informática galega e Premio Ada Byron, Luz Castro, salienta que temos que corrixir eivas na intelixencia artificial porque nos ofrece resultados que perpetúan os sesgos de xénero en accións tan cotiás como as traducións automáticas ou os asistentes persoais. Sobre o futuro da intelixencia artificial, a profesora Alonso asegura que “a gran revolución vai vir en áreas como a sanidade e o ensino”.
-
A Estratexia Galicia Dixital está dividida en 7 eixos estratéxicos e 1 transversal, que se desenvolverán en 20 programas. O primeiro destes eixos céntrase no ‘Goberno e Administración Intelixente’ para impulsar a automatización e transformación dixital dos servizos públicos e evolucionar cara un modelo intelixente de posto de traballo do empregado público, así como o expediente xudicial electrónico. O obxectivo é que en 2025 o 70% das persoas e o 85% das empresas usen a canle dixital.
-
Galicia situouse como a terceira comunidade na que menos subiu o paro con respecto a novembro de 2019. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (13,17%) é máis de sete puntos inferior á media de subida do Estado (20,42%). Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 4.157 parados menos que ao inicio do impacto da covid-19.
-
“Galicia incorre anualmente nun coste por xerar titulados que emigran fundamentalmente por cuestións laborais de, como mínimo, 178 millóns de euros ao ano (supondo que os estudantes rematan a súa formación en catro anos), cantidade que se amplía a 311 millóns (se a remata en sete)”. Esta cifra é unha das destacadas no informe Fuga de talento en Galicia. Mito ou realidade? realizado polo Foro Económico de Galicia, entidade xestionada polo Grupo Gen da Universidade de Vigo.
-
Celebrouse na Fundación CEL en Lugo o acto de presentación dos proxectos seleccionados na terceira edición da BFAero, unha nova convocatoria que se abre ao exterior e confirma o interese que esperta esta aceleradora aeronáutica, xa que catro dos sete proxectos que participarán son de fóra de Galicia. 'A nova edición achega unha imaxe clara dun Polo Aeroespacial aberto a novas iniciativas que pretenden non só reter, senón tamén captar talento', explicou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.
-
A partir deste sábado e ata o próximo 28 de decembro poden solicitarse as dúas liñas de axuda que faltaban por activar -microempresas e autónomos con persoal a cargo; e establecementos hostaleiros- dentro do Plan de rescate da Xunta de Galicia. Por un lado, microempresas e persoas autónomas con persoal contratado, así como estes colectivos e pemes de sectores especialmente paralizados (lecer nocturno, atraccións de feria e determinadas actividades como transporte, axencias de viaxe, cines, comidas preparadas para eventos, parques de atraccións, etc.) poden solicitar contías que irán dos 4.000 aos 5.000 euros, segundo o caso.
-
Alberto Núñez Feijóo avanzou que as dúas liñas de axuda que faltaban por activar do Plan de rescate para traballadores autónomos e microempresas, dotado de 84 M€, se convocarán coa publicación no DOG das súas bases. Fíxoo tras lembrar que o prazo para solicitar a primeira das liñas de axudas, a dirixida a persoas autónomas con ou sen empregados, de entre 1.200 e 2.000 euros, xa se abriu a semana pasada. “Recibimos 17.009 solicitudes que xa teñen comprometidos 21 M€”, sinalou. Con respecto ás dúas liñas de axudas que se activarán, no caso da dirixida a microempresas e persoas autónomas con persoal contratado, os beneficiarios poderán optar a apoios de 4.000 euros, mentres que os de sectores especialmente paralizados recibirán 5.000 euros.
-
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este crecemento é dúas décimas superior á caída rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia. En canto á evolución interanual, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 6,2%. Esta baixada é 2,5 puntos inferior á rexistrada pola economía española para o mesmo período, que foi do -8,7%.