Noticias
-
A Xornada Mixta de Networking Transfronterizo SPIN_UP serviu como marco para a presentación de 42 proxectos emprendedores alén de xerar encontros de networking entre empresas e emprendedores para impulsar a transferencia de tecnoloxía. Foron un total de dezaseis empresas as que solicitaron reunións, chegando ao medio cento de encontros. O vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, en calidade de conselleiro delegado de Uninova presidiu un acto no que tamén tomaron parte a responsable de emprendemento da Universidade do Porto, Joana Resende; e a técnica de Uninova Mónica Suárez, quen explicou os obxectivos dunha xornada que favoreceu o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento.
-
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que abordou os asuntos de maior interese para o sector marítimo-pesqueiro galego entre os que se atopa a fixación dos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas de cara a 2021. Neste sentido, a representante do Executivo galego defendeu a necesidade de que haxa flexibilidade na xestión das pesqueiras, tal como piden España e Galicia.
-
O Clúster Audiovisual Galego organiza un ano máis o encontro profesional I+P. Ideas para producir, que celebra a súa 14ª edición cun formato adaptado para o seu desenvolvemento en liña. Así se presentaron os 18 novos proxectos de cinema e televisión seleccionados para o pitching, que foi seguido en directo polos responsables de contidos de destacadas canles de televisión, plataformas produtoras e distribuidoras. Tras el, terán lugar as reunións un a un personalizadas polo Clúster na procura de posibles acordos cara á materialización destas propostas.
-
Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
-
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a aprobación da Estratexia de dinamización do sector lácteo 2020-2025 para consolidar Galicia como potencia láctea en España e Europa. Feijóo incidiu en que “este é un sector relevante polo que é e polo que pode ser”. Tras recoñecer a súa relevancia nos ámbitos económico, demográfico e social para vertebrar e manter poboación no rural, Feijóo abundou que tamén é “relevante no ámbito medioambiental porque un rural ordenado, coidado e útil é un rural medioambientalmente sostible”.
-
As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, que inclúe tres programas diferentes: o dirixido a autónomos (que se publica onte); a microempresas e autónomos con persoal a cargo; e aos establecementos hostaleiros situados nalgún dos concellos con maior incidencia epidemiolóxica que se vexan afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os Orzamentos da Xunta de 2021 incluirán o maior investimento público da historia, que roldará os 2.500 millóns de euros e triplicará a inversión territorializada prevista nos Presupostos Xerais do Estado. “Este orzamento vai ter o peso máximo de gasto da serie histórica. Imos investir máis de 11.600 millóns de euros e imos facer dúas cousas: controlar o gasto corrente e apostar claramente pola anticipación das inversións”, dixo.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. Durante unha reunión cos directivos do Grupo Leche Río, Feijóo anunciou tamén que esta semana se aprobarán os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. “Uns Presupostos que presentamos ás poucas semanas de tomar posesión e co obxectivo de que nos primeiros meses de 2021 teñamos as contas ordenadas”, dixo, aseverando que supoñen un compromiso con Galicia, conscientes da situación que se está a vivir.
-
A recuperación da economía azul e a busca de novas solucións de financiación específicas para os sectores vencellados ao mar centrou a apertura do Business2Sea 2020, un evento internacional que, organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano, reunirá ata o venres a cerca de 600 inscritos nas tres conferencias e 11 talleres programados nos vindeiros cinco días. A inauguración do B2Sea 2020 tivo lugar esta mañá nun acto que serviu para conmemorar o Día Nacional do Mar en Portugal e no que, xunto á directora de Cetmar, Paloma Rueda, e ao presidente de Forum Océano, António Nogueira, participaron diferentes autoridades.
-
A Xunta de Galicia esixiu hoxe ao Goberno central que explique ás comunidades autónomas, con rigor e claridade, os criterios de reparto dos fondos que se mobilizarán nos próximos tres anos a través do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia. Esta foi a postura que defendeu a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso da reunión da Conferencia Sectorial convocada esta mañá polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que se celebrou telematicamente.